Juan González Montenegro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juan González Montenegro
Juan G Montenegro.JPG
Retrato en Coruña Moderna, 1906.
AlcumeEl Brujo e Montenegro
Nacemento17 de febreiro de 1861
 Noia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, escritor e militar
editar datos en Wikidata ]

Juan González Montenegro, nado en Noia o 17 de febreiro de 1861, foi un xornalista, escritor, militar e explorador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o Bacharelato en Santiago de Compostela. Emigrou a Cuba en 1875, con catorce anos. Dedicouse ao xornalismo, colaborando en La Voz de Cuba, La Patria e El Asimilista e fundou os semanarios El Duende e El Noticiero Ilustrado e os xornais El Brujo, El Combate de Camajuaní, La Tribuna de Manzanillo, La Opinión Pública de Santiago de Cuba, La Nación e La Voz de Galicia, no que popularizou os pseudónimos El Brujo e Montenegro. Mantivo polémicas con Waldo Álvarez Insua. Publicou por entregas na Coruña El álbum de un guerrillero, páginas de la guerra de Cuba de 1895 a 1898 sobre a guerra Hispano-Estadounidense na que loitou contra a emancipación dos cubanos.

En 1899 marchou a Montevideo e logo a Buenos Aires, onde dirixiu Correo de Galicia na súa segunda etapa (1899-1900). Organizou unha expedición ao Chaco Boreal na procura de Ibarreta, a quen encontrou xa morto cando chegou a Asunción. Estivo seis anos na selva e explorou de Orán a Yacuivy e logo de alí a Acre. Faleceu na Arxentina.

Obras[editar | editar a fonte]

  • El álbum de un guerrillero, páginas de la guerra de Cuba de 1895 a 1898, 1899.
  • A través de los desiertos. Aventuras de un explorador, 1907.
  • España no muere (drama lírico).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]