Juan Garaizabal
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Juan Garaizabal Marsans 20 de marzo de 1971 Madrid (España) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Obra escultórica e Instalación |
| Lugar de traballo | Venecia Shanghai Toledo París Saint-Paul-de-Vence |
| Ocupación | escultor, pintor, artista conceptual |
| Xénero artístico | Arte pública |
| Movemento | New media art (en) |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Sitio web | juangaraizabal.com |
Juan Garaizabal, nado en Madrid o 20 de marzo de 1971, é un artista conceptual, escultor e gravador español.
Artista polifacético, experimentou tamén co debuxo, videoarte, instalacións luminosas e acústicas. É coñecido internacionalmente polas súas esculturas públicas monumentais. Segundo o xornal El País[1], é un dos artistas españois máis internacionais.
O seu proxecto persoal Memorias Urbanas recupera con estruturas escultóricas e luz elementos arquitectónicos desaparecidos, enchendo baleiros urbanos historicamente significativos.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa traxectoria estivo ligada, en gran medida, aos proxectos monumentais nos que estivo centrado en cada fase da súa vida. A finais dos anos 90 do século XX, estabelécese en Berlín. Forma parte da xeración de artistas que transformaron toda a cidade nunha galería ao aire libre. A partir do ano 2012, comezou a pasar máis tempo nos Estados Unidos, en Miami, sen abandonar nin Berlín nin Madrid.
Realiza coas súas mans boa parte das súas obras, usando técnicas de forxa de ferro e aceiro, iluminación, carpintaría, albanelaría e materiais plásticos.
Instalacións públicas
[editar | editar a fonte]

- 2006: Blosque de Flores, Valencia, España.[3]
- 2007: Memoria Urbana Bucarest, Uranus Area. Noaptea Alba, Rumania.2011: Arquives Stairway.[4] Private collection. Connecticut, United States.
- 2011: Arquives Stairway. Connecticut, Estados Unidos.
- 2012: Memoria Urbana Berlín, Alemaña.[5]
- 2013: Memoria do GiardinoVenecia, Italia. Comisariado por Barbara Rose.[6]
- 2016: Memoria Urbana Miami; Balcón da Habana, Estados Unidos.[7]
- 2018 : Memoria Urbana Segovia Segovia, España
- 2018 : Hay Festival Segovia, España
- 2020 : Piedra Sobre Piedra [Toledo]], España
- 2020 : Ever Time Gate Xangai, China
- 2021 : Four Monumental Sculptures París, Francia
- 2021 : Fondation Prince Albert Mónaco
- 2021 : Biennale de Sculpture Saint-Paul-de-Vence, Francia
- 2023 : Ever Time Balcony Xangai, China
- 2024 : La Memoria del Vidrio Valencia, España
- 2024 : Land of Dilmun and Door of Dilmun Manama, Bahrain
- 2025 : Memoria Urbana: Les Bains Napoléon Biarritz, Francia
- 2025 : Ever Time Port Portugal

Vida persoal
[editar | editar a fonte]Entre 1998 e 2007 cruzou en distintas etapas o continente africano desde Madrid até Cidade do Cabo. No presente vive e traballa entre Berlín e en Madrid, compaxinándoo con talleres temporais para outros proxectos. É pai de dúas fillas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Interruptores de la memoria. El País.
- ↑ TVE (vídeo)
- ↑ "Momentos de Gloria". Arquivado dende o orixinal o 5 de marzo de 2014. Consultado o 1 de marzo de 2014.
- ↑ Descubrir el Arte
- ↑ Berliner Morgenpost
- ↑ La Vanguardia
- ↑ CNN (Video)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juan Garaizabal |