Juan Bautista Santos Ramos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Bautista Santos Ramos
Biografía
Nacemento(es) Juan Bautista Ramos Santos Editar o valor em Wikidata
27 de marzo de 1943 Editar o valor em Wikidata
Xaviña, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xuño de 2023 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Xaviña, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Camariñas
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata

Juan Bautista Santos Ramos, nado en Xaviña (Camariñas) o 27 de marzo de 1943 e finado na mesma parroquia o 3 de xuño de 2023,[1] foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Camariñas nas eleccións municipais de 1979, sendo a segunda forza máis votada trala UCD, que logrou a maioría absoluta. Nas municipais de 1983 encabeza de novo a candidatura socialista e resulta elixido alcalde con maioría absoluta. Porén, anuláronse os resultados nas mesas de Camariñas e Xaviña, polo que se repetiron as eleccións en ditas mesas en novembro de 1983[2] confirmando a maioría absoluta dos socialistas, que incluso aumentaron un concelleiro. Foi reelixido alcalde con maioría absoluta en 1987, 1991 e 1995.

Nas municipais de 1999 volveu ser elixido alcalde, pero perdeu a maioría absoluta. Desta forma, gobernou en minoría ata que en abril de 2000 estableceu un pacto de goberno co BNG.[3] Porén volveuse quedar en minoría trala baixa dun edil socialista en novembro de 2000, que incluso chegou a apoiar unha moción de censura do PPdeG, que foi abortada dende os órganos superiores da formación conservadora.[4] Volveu a selo candidato do PSdeG-PSOE nas municipais de 2003 e foi reelixido alcalde recuperando a maioría absoluta. Non se presentou á reelección nas municipais de 2007, retirándose da política.[5]


Predecesor:
Jesús Ramos Fuentes
 
Alcalde de Camariñas
 
1983 - 2007
Sucesor:
Manuel Valeriano Alonso de León

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou e tivo 3 fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Falleció el veterano político socialista Juan Bautista Santos, exalcalde de Camariñas". NH Diario. 3 de xuño de 2023. 
  2. Nova en La Voz de Galicia A Coruña, 6-11-1983 p.1
  3. Nova en La Voz de Galicia Carballo, 15-4-2000 p.44
  4. El PP de Camariñas presenta una moción de censura que la dirección gallega rechaza
  5. Cristina Viu (28 de abril de 2022). "Bautista Santos: «Cando espertei vin a médica e a miña muller con bágoas nos ollos»". La Voz de Galicia. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]