Manuel Valeriano Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Manuel Valeriano Alonso de León»)


Infotaula de personaManuel Valeriano Alonso
Biografía
Nacemento1951 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Camariñas, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Camariñas Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Manuel Valeriano Alonso de León, coñecido como Pichurri, nado en Camariñas en 1951, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fotógrafo e axente de seguros, foi concelleiro de Camariñas polo PTG nas primeiras eleccións democráticas. Ingresou no PSdeG-PSOE en 1980, e por esa formación foi concelleiro entre 1991 e 1996, cando dimitiu. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Camariñas e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde, tamén con maioría absoluta. En xuño de 2011 foi imputado por suposta negociación prohibida a funcionarios.[1] Volveu ser reelixido no 2015 con maioría absoluta. O 24 de agosto de 2018 presentou a súa dimisión pasando a ser alcaldesa a número 2, Sandra Ínsua.

Dez anos máis tarde, en novembro de 2021, foi condenado a inhabilitación por xestionar para o concello pólizas de seguro dende a súa empresa, Pichurri SL[2].


Predecesor:
Juan Bautista Santos Ramos
 
Alcalde de Camariñas
 
2007 - 2018
Sucesor:
Sandra Ínsua

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou coa tamén fotógrafa María del Carmen Freire Ramos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outras páxinas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]