Saltar ao contido

José Romão Martenetz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Romão Martenetz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de febreiro de 1903 Editar o valor en Wikidata
Lviv, Ucraína Editar o valor en Wikidata
Morte23 de febreiro de 1989 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Curitiba, Brasil Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBrasil Editar o valor en Wikidata
Bispo diocesano
29 de novembro de 1971 – 10 de marzo de 1978 – Efraím Basílio Krevey →
Bispo titular
10 de maio de 1958 –
Diocese: Q1277466 Traducir
Bispo auxiliar
10 de maio de 1958 –
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica bizantina ucraína Editar o valor en Wikidata
EducaciónPontificia Universidade Gregoriana Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1958–), sacerdote católico (1928–) Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónAmbrosii Senyshyn Editar o valor en Wikidata

José Romão Martenetz, nado o 7 de febreiro de 1903 en Lviv[1] e finado o 23 de febreiro de 1989 en Curitiba,[1] foi un eclesiástico católico ucraíno brasileiro, 1º bispo de San Xoán Bautista en Curitiba entre 1971 e 1978.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aínda que naceu en Ucraína, trasladouse moi novo cos seus pais ao Brasil. Estudou en Roma, e posteriormente foi ordenado sacerdote da Orde Basiliana de San Xosafat[1] o 1 de xaneiro de 1928 por Isaias Papadopoulos.

A partir de 1953 traballou na curia basiliana en Roma, onde dirixiu unha comisión para a publicación da Biblia en lingua ucraína e foi reitor do Pontificio Colexio de San Xosafat.[1]

O 10 de maio de 1958 foi nomeado bispo auxiliar do ordinariato para os católicos orientais no Brasil[1] e bispo titular de Soldaia, recibindo a consagración episcopal o 15 de agosto de 1958 de mans do bispo de Stamford Ambrosii Senyshyn.

O 30 de maio de 1962 foi erixido o exarcado apostólico do Brasil para os ucraínos, e José Romão Martenetz foi nomeado o primeiro exarca.[1] Cando o exarcado foi elevado a diocese, foi nomeado primeiro bispo de San Xoán Bautista en Curitiba. Retirouse o 10 de marzo de 1978.[1] Finou en Curitiba o 23 de febreiro de 1989.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Volodymyr Kubiiovych, Danylo Huzar-Struk, ed. (1993). Encyclopedia of Ukraine (en inglés) 3. University of Toronto Press. p. 324. ISBN 9780802039934. Martynets, Yosyp