José Rodríguez Domínguez
(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de agosto de 1957 (67 anos) Gondomar, España |
Actividade | |
Ocupación | deportista |
Deporte | birlos celtas |
José Rodríguez Domínguez, nado en Gondomar o 11 de agosto de 1957, é un xogador, dirixente e historiador dos birlos celtas.[1][2][3] O seu palmarés nas distintas categorías da disciplina abrangue 12 títulos galegos, 9 españois e 7 intercontinentais dende o ano 1991. É o único deportista español dos birlos con participacións nos oito torneos intercontinentais celebrados, integrando tanto equipos da Federación Galega como da Federación Española.[1][4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Membro fundador do Club San Vicente de Mañufe (Gondomar) en 1978 na que ocupa diversos cargos ao longo dos últimos 30 anos. Preside a devandita entidade de birlos dende o ano 2018. Formou parte dunha asociación veciñal de birlos no Val Miñor que pulou dende 1978 na regularización deste deporte principalmente no rexistro oficiais dos clubs ante os distintos organismos oficiais. Desde 1990 a maioría destes clubs obterán a legalización e posterior unificación a través da Federación Galega de Birlos. Nesta etapa terá a responsabilidade de redactar o primeiro regulamente de birlos Celta, que obterá aprobación da asemblea da federación galega.[2] Nesta entidade federativa ocupou a vicepresidencia entre os anos 1991 e 2000. Neste período participou da organización do primeiro torneo de birlos interrexional Celta celebrado na localidade de Tinéu (Asturias) e no que participaron xogadores de Asturias, Cantabria, Galicia e a Comunidade de Madrid.[5]
En 1992, a través da Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia e das federacións española e galega de birlos, coordina a participación da selección galega de birlos celta no campionato de xogos tradicionais de deportes autóctonos (deportes de exhibición) nos Xogos Olímpicos de 1992, disputados en Barcelona, e na que todas as comunidades españolas participaron cos seus xogos tradicionais, correspondentes a Galicia birlos así como traiñeiras.[6]
En 1995, organiza e coordina xunto cos presidentes dos centros "Valle Miñor" en Buenos Aires (Arxentina) e Montevideo (Uruguai), participando tamén no primeiro torneo Intercontinental de Birlos Celta celebrado en febreiro dese mesmo ano nos centros sociais que ambos clubs teñen en América do Sur.. Nese ano naceu oficialmente o campionato intercontinental e dez anos despois (2005), tivo a súa continuidade anual, ata 2009, alternando a participación en Galicia e Suramérica, realizándose de novo en 2012 en Suramérica; en 2016 no Val Miñor para volver a Suramérica en 2018.[7][4]
Foi o único xogador español en participar en todos eses torneos intercontinentais, formando parte do equipo da Federación Española ou da selección Galega. Desde 1991 participa nos diferentes campionatos e torneos oficiais organizados polas federacións de birlos galega e española tanto a nivel rexional, nacional e internacional.[1]
Dende 2016, é membro da asemblea xeral da Federación Española de Bolos.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Resolución Pleno Concello de Gondomar distinción a José Rodríguez Domínguez pola súa trexectoria". Consultado o 15/11/2020.
- ↑ 2,0 2,1 "Histoira". Federación Galega de Bolos Celtas. Consultado o 15/11/2020.
- ↑ 3,0 3,1 "Composición Xunta Xestora" (PDF). Federación Galega de Bolos. Consultado o 15/11/2020.
- ↑ 4,0 4,1 "Dominio miñorano en el VIII Campeonato Intercontinental de Bolos Celtas". Valmiñor.tv. Consultado o 15/11/2020.
- ↑ Peralta Techera, Álvaro Agustín (Outono 2016). Ediciones Basás S.L:, ed. "Bolos Celtas" unha modalidade de birlos co selo do Val". Cousas de Val Miñor: 14–15.
- ↑ "Olimpíada cultural de bolos (Barcelona 92) Deportes Faro de Vigo". 3/7/1992. Consultado o 15/11/2020.
- ↑ "Campeones del "I Torneo Intercontinental de Bolos Celtas" Deportes Faro de Vigo". 13/4/1995. Consultado o 15/11/2020.