José Rey-González
Aparencia
(Redirección desde «José Rey González»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de agosto de 1874 Bemil, España |
Morte | 21 de marzo de 1957 (82 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | mestre, escritor |
Familia | |
Fillos | Jacobo Rey Porto |
Descrito pola fonte | Diccionario de escritores en lingua galega Diccionario bio-bibliográfico de escritores |
José Rey-González, nado en Bemil (Caldas de Reis) o 21 de agosto de 1874 e finado en Vigo o 21 de marzo de 1957,[1] foi un mestre e poeta galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Exerceu como mestre en Sabarís e desde 1934 na escola Graduada do Grupo Areal de Vigo, da que foi director. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo, aínda que posteriormente foi reposto.
Publicou varios libros de poesía e algúns dos seus poemas apareceron en Tierra Gallega. Deixou inédito un volume titulado Contando cuentos.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi pai de Jacobo Rey Porto.
Obras
[editar | editar a fonte]- Frangullas, 1910, con prólogo de Enrique Labarta Pose.
- Lira gallega, 1911.
- Fume de pallas, 1912.
- Frores murchas, 1914.
- A musa da terra, 1915
- Latexos. Cántigas da terriña, 1925 (poemario bilingüe).