Jacobo Rey Porto
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Jacobo Rey Porto | |
---|---|
Nacemento | 1907 |
Caldas de Reis | |
Falecemento | 21 de abril de 1975 |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado, escritor e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jacobo J. Rey Porto, nado en Caldas de Reis en 1907 e finado na Coruña o 21 de abril de 1975,[1] foi un avogado, escritor e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de José Rey González. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e foi secretario da Federación Gallega de Estudiantes Católicos. Colaborou en El Pueblo Gallego. Foi xuíz e Xefe local de Falange Española de las JONS (1936-1937)[2] de Caldas de Reis (1939). Colaborou en Acción, Spes, Litoral, La Noche, El Correo Gallego e ABC. No franquismo foi nomeado alcalde de Caldas de Reis. Foi profesor de Literatura. En 1974 gañou o I concurso literario Villa del Corpus de Ponteareas co traballo Puenteareas, villa del Corpus.[3]
Predecesor: Tomás Cancela Martínez |
![]() Alcalde de Caldas de Reis 1942 |
Sucesor: Hipólito de Sa Bravo |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Esclavitud Goldar Hermo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 22-4-1975, p. 53.
- ↑ El Pueblo Gallego, 12-2-1937, p. 4.
- ↑ La Voz de Galicia, 27-7-1974, p. 8.