José María Varela Silvari
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 1848 A Coruña, España |
Morte | 10 de maio de 1926 (78 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | compositor, escritor, crítico musical, pianista, musicólogo, autor |
Instrumento | Piano |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Varela Silvari (José), p.467) Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Dicionario biográfico de Galicia |
José María Varela Silvari, nado na Coruña o 1 de febreiro de 1848 e finado en Madrid o 10 de maio de 1926, foi un compositor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou solfexo, frauta e harmonía na súa cidade natal. Aos 14 anos pasou a Lisboa, onde ofreceu concertos e perfeccionou os seus coñecementos literarios e musicais, amais de aprender composición. De volta na Coruña foi nomeado director da banda de música de Carballo. En 1877 fundou e dirixiu o semanario El Eco Musical, dedicado á literatura e ás belas artes. Tamén colaborou en La España Musical e El Correo de Teatros, de Barcelona, e en El Globo, de Madrid. En Barcelona dirixiu El Coliseo Barcelonés (1879) e pasou logo a Madrid, onde colaborou con La Correspondencia Musical e El Nuevo Fígaro.
Dirixiu o Boletín Musical de Madrid durante seis anos. Foi tamén director da orquestra e da banda do Orfeón Normal de Madrid, mestre compositor pola Academia Filharmónica de Basilea (Suíza) e pensionado polo goberno portugués, entre outros moitos cargos.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Ademais de innumerables artigos sobre literatura e historia musical, foi autor das seguintes obras, moitas das cales permaneceron inéditas:
- Galería biográfica de músicos gallegos;
- Teoría de la música;
- Manual teórico práctico de armonía;
- Formulario harmónico para los aspirantes á músicos mayores militares;
- Apuntes para la historia musical del reino lusitano;
- Máximas y pensamientos sobre la Música y la Bellas Artes;
- Origen de la Música como Arte;
- Historia de la Música popular en España;
- Historia de la Música en Galicia;
- Prácticas finales del solfeo;
- Prontuario razonado de canto;
- Tratado de melodía;
- Tratado práctico de instrumentación;
- Ensayos de crítica, preceptiva e historia musical;
- Tratado de estética musical, con carácter preceptivo.
Obra musical
[editar | editar a fonte]Como compositor escribiu máis de 540 obras de todos os xéneros. Da súa música para orfeón cómpre salientar:
- Gloria a Galicia;
- Alborada coral;
- A festa d'o patrón;
- Himno a Clavé;
- Enyorança, Sospirs e Per vestir sants, coros en catalán;
- La serenata;
- La fiesta de Baco;
- El a-la-lá, (nocturno);
- La primavera;
- Ruliña, coral galega;
- Boga, boga, barquilla mia, i Surca, surca, bajel mio, Canción española, L'aurora, (barcarolas);
- El mirlo y la flor, i A Elisa, (valses);
- El canto de la gitana; A una bella; Niña graciosa; Sin esperanzas; ¡Eres un ángel!; Adelina; La sultana;
- Himno a Méndez Núñez; Himno á Pacheco;
- La Mindoniense; La Orensana, muiñeiras;
- Declaración de amor, mazurca;
- A la romeria, (ruada)
Música para piano
[editar | editar a fonte]- Recuerdos de Galicia;
- Cantares gallegos;
- Tributo á Terpsícore;
- Un aire de mi país;
- A la velada;
- María de los Dolores;
- Clavé;
- Por una flor;
- Rosa de té;
- La circasiana;
- Capricho morisco;
- N'a festa
Outras músicas
[editar | editar a fonte]- Para canto e piano:
- La hija del proscrito;
- Mariolina;
- Ante su tumba;
- Canción espanyola, etc.
- Para violín e piano:
- La citara de oro;
- ¡Panchín!;
- ¡¡Pobre niña!!;
- Composicións e arranxos diversos,
- La Ginebrina;
- La Verginella;
- Cataluña;
- La fiesta;
- Serenata española e
- Ultimo tributo á la memoria de Alfonso XII;
Para banda compuxo
- Cantares gallegos;
- María de los Dolores;
- Siempreviva;
- ¡Voló al cielo!;
- El Triumfo;
- La Alianza;
- Valeroso capitán;
- Al combate;
- Por una flor, (vals);
- La imperial, (sinfonía);
- Á la velada, (gran sinfonía);
- Serenata española;
- Alborada gallega;
- Recuerdos de Galicia;
- Mariolina, (xota popular);
- La feria de Sevilla, (bolero);
- Un aire de mi país, (muiñeira)
Composicións teatrais
[editar | editar a fonte]- La pianista enamorada, zarzuela en dous actos, representada en Portugal;
- Novias i novios, zarzuela nun acto;
- La guarida del buitre, drama musical;
- La Ginebrina, sinfonía para orquestra premiada en Basilea en 1869.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Unha rúa da Coruña leva o seu nome.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José María Varela Silvari |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Varela Silvari, Xosé María". Diccionario enciclopédico galego universal 58. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 127. ISBN 84-7680-429-6.
- "Varela Silvari, Xosé María". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 287.
- Enciclopedia Espasa (en castelán) 66. pp. 1509–11. ISBN 84-239-4566-9.
- "Varela Silvari, Xosé María". Enciclopedia Galega Universal 16. Ir Indo. 1999-2002. p. 287. ISBN 84-7680-288-9.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 460.
- Giménez Rodríguez, Francisco J. (2007). "Música y Cultura en Granada en el cambio de siglo: José María Varela Silvari en la revista La Alhambra (1898-1923)". Cuadernos de arte de le Universidad de Granada (en castelán) (Universidade de Granada) (38): 197–213. ISSN 0210-962X.
- Varela de Vega, Juan Bautista; et al. (2005). "Varela Silvari, José María". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Obras dixitalizadas de José María Varela Silvari Na Biblioteca Digital Hispánica da Biblioteca Nacional de España.