José María Arellano Igea
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de maio de 1885 ![]() Corella, España ![]() |
Morte | 26 de maio de 1963 ![]() Madrid, España ![]() |
![]() | |
xuño de 1937 – febreiro de 1938 | |
![]() | |
3 de outubro de 1936 – 13 de xuño de 1937 | |
![]() ![]() | |
3 de outubro de 1936 – 13 de xuño de 1937 | |
Q42308661 ![]() | |
febreiro de 1931 – 14 de abril de 1931 ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Salamanca - dereito Universidade de Oviedo - dereito ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político , xurista ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
![]() |
José María Arellano Igea, nado en Corella (Navarra) o 15 de maio de 1885 e finado en Madrid o 26 de maio de 1963, foi un avogado e político español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou Dereito en Oviedo e Salamanca. Traballou de pasante con Juan de la Cierva en Madrid. Marchou a Bilbao, onde foi profesor no Colegio de San Antonio (1910-1913), e director do semanario Luz y Taquígrafos. A finais de febreiro de 1931 foi nomeado Gobernador civil de Huelva[1], cesando ao proclamarse a Segunda República.
Antirrepublicano, defendeu ante os tribunais a Xunta Política de Falange. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936, o 3 de outubro foi nomeado Gobernador civil xeral de Guipúscoa e Biscaia, permanecendo no cargo ata o 13 de xuño de 1937. Fiscalizou toda a depuración política e a reentronización da Igrexa católica. Pasou a ser gobernador civil da Coruña. Permaneceu no posto até febreiro de 1938, cando foi nomeado Director Xeral de Rexistros e do Notariado en Madrid e tamén foi Letrado xefe do Corpo técnico da Subsecretaría do Ministerio de Xustiza. En febreiro de 1949 foi concelleiro de Corella e deputado foral por Tudela. En 1957 regresou a Madrid definitivamente.
Obras[editar | editar a fonte]
- Legislación del Registro Civil, 1939.
- Fundamentos legales para una demanda, 1946.
- Las obligaciones, los contratos y la prescripción en el Derecho navarro, 1946.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Pueblo Gallego, 1-3-1931, p. 6.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galicitas posúe citas sobre: José María Arellano Igea |