José Luis Vilanova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Luis Vilanova
Biografía
NacementoLugo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de rally Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteRally Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesPedro Burgo Vilanova (sobriño)
Marcos Burgo Vilanova (sobriño) Editar o valor em Wikidata

José Luis Vilanova López, nado en Lugo, é un ex piloto de rallys galego.

Competiu durante anos no Campionato de Galicia de Rally, logrando dúas vitorias, varios podios e o subcampionato de 1984. Disputou tamén probas do Campionato de España e da Copa de España entre outros. Competía principalmente cun Porsche 911 SC.

É tío dos irmáns Pedro e Marcos Burgo, dúas veces subcampións de España e tres veces campións de Galicia.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou nos rallys a finais dos anos 70, logrando xa en 1979 un oitavo posto no Rally Rías Baixas, pilotando un Renault 5 Alpine,[2] e un noveno posto no Rally de Ourense de 1980 co mesmo coche.[3] A continuación competiu cun Fiat 124 Spider, co que quedou segundo no Rally dos Pazos de 1981.

Ese mesmo ano adquiriu un Porsche 911 SC, preparado en Francia polos irmáns Alméras.[4] Con este vehículo logrou numerosos podios durante os seguintes anos, así como dúas vitorias absolutas. A primeira das súas vitorias foi no Rally das Pontes de 1982, onde aproveitou unha saída de pista de Luis Barrio para arrebatarlle a primeira posición e gañar a proba xunto ao seu copiloto Moreno.[5] A segunda vitoria logrouna no Critérium Arrojo de 1984, con Eladio Anllo como copiloto, e despois dun novo duelo con Barrio.[6] Ese ano quedou ademais segundo nos rally de Noia, Lacón e Coruña, chegando á última proba na segunda posición da xeral e con opcións de proclamarse campión.[7][8] Con todo, o título foi finalmente para Carlos Piñeiro.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "«Tengo un nuevo reto, el Dakar»". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de abril de 2019. Consultado o 19 de agosto de 2020. 
  2. "Clasificación do Rally Rías Baixas de 1979". www.ewrc-results.com. Consultado o 19 de agosto de 2020. 
  3. "Clasificación do Rally de Ourense de 1980" (PDF). www.rallyeourense.es. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 19 de agosto de 2020. 
  4. "Los mejores pilotos regionales en el «XV Rally do Lacón»". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 15 de maio de 1981. p. 54. 
  5. Coello, Elvira (19 de xullo de 1982). "Vilanova ganó el Rally de As Pontes". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). p. 27. 
  6. Arévalo, Fernando (19 de marzo de 1984). "Vilanova, vencedor del Criterium Arrojo-Seat". La Voz de Galicia (A Coruña ed.). p. 15. 
  7. "Piñeiro y Vilanova mantienen un emocionante codo a codo por él título". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 9 de novembro de 1984. p. 44. 
  8. "Piñeiro y Vitánova, únicos ¡¡aspirantes al Campeonato Gallego de Rallys-84". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de novembro de 1984. p. 44. 
  9. Arévalo, Fernando (12 de xaneiro de 1985). "Trofeos para ios campeones gallegos del 84". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). p. 36.