José Antonio Souto Paz
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2020.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de outubro de 1938 Pontevedra, España |
Morte | 8 de setembro de 2017 (78 anos) Madrid, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
13 de novembro de 1989 – 29 de xuño de 1993 Lexislatura: IV lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións Xerais 1989 en España | |
Alcalde de Santiago de Compostela | |
1979 – 1981 (dimisión) ← Antonio Castro – Marcial Castro Guerra → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Navarra Pontificia Universidade de San Tomé de Aquino Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Campo de traballo | Dereito e ecclesiastical law (en) |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, profesor universitario, xurista, escritor |
Empregador | Universidad Nacional de Educación a Distancia Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Navarra Universidade Complutense de Madrid |
Partido político | Unión de Centro Democrático Centro Democrático y Social |
José Antonio Souto Paz, nado en Pontevedra o 9 de outubro de 1938 e finado en Madrid o 8 de setembro de 2017, foi un xurista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Catedrático de Dereito Canónico da Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse nas Universidades de Navarra e Roma. Entre 1973 e 1975 dirixiu o Centro Rexional de Galicia da Universidade Nacional de Educación a Distancia. Entre 1975 e 1979 foi decano da Facultade de Dereito da USC. Foi profesor do Instituto de Derechos Humanos da Universidade Complutense de Madrid, e desde 1982 da UNED.
Acadou a alcaldía de Santiago de Compostela logo de presentarse ás eleccións municipais de 1979 nas listas da UCD e presidente da Asemblea de Alcaldes de Galicia (1979). Mantívose na alcaldía ata a súa renuncia en setembro de 1981. Foi vocal nunha Comisión do Consello de Europa (1979-81), director do departamento de asesoría xurídica do CDS, asesor de educación e cultura do Defensor do Pobo (1986-88) e membro da xunta de goberno do Colegio de Abogados de Madrid (1988-89). Nas eleccións xerais de 1989 foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas listas do CDS.
Como investigador e catedrático, fixo achegas nos eidos do Dereito Canónico e Administrativo, Teoría da Organización e Dereito Matrimonial, amais de dirixir varias teses.
Obra
[editar | editar a fonte]- La noción canónica de oficio (1971)
- El proyecto de Ley Fundamental de la Iglesia (1971)
- Derecho Canónico (1973, con outros autores)
- Notas para una interpretación actual del Derecho Canónico (1973)
- Derecho Canónico (1974, con outros autores)
- Corso di Diritto Canonico (1975, con outros autores)
- La norma canónica (1979, dous volumes, en colaboración con outros autores)
- Derecho Canónico I. Derecho Canónico y Derecho Eclesiático del Estado (1983)
- Derecho Canónico II. Derecho Matrimonial (1984)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Antonio Castro García |
Alcalde de Santiago 1979 - 1981 |
Sucesor: Marcial Castro Guerra |
- Alcaldes de Santiago de Compostela
- Alcaldes de Galicia durante a democracia
- Alcaldes de Galicia pola UCD
- Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña
- Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela
- Nados en Pontevedra
- Nados en 1938
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Alumnos da Universidade de Navarra
- Profesores da Universidade Complutense de Madrid
- Finados en 2017
- Catedráticos da Universidade Nacional de Educación a Distancia
- Xuristas de Galicia