Marcial Castro Guerra
Marcial Castro Guerra | |
---|---|
Nacemento | 1934 |
Lugar de nacemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Marcial Castro Guerra, nado en Santiago de Compostela en 1934,[1] é un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Presentouse ás eleccións municipais de 1979 nas listas da UCD e foi elixido concelleiro. O 3 de setembro de 1981 José Antonio Souto Paz presentou a dimisión como alcalde e Marcial Castro foi elixido alcalde o 7 de setembro. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura do Partido Liberal e foi elixido concelleiro, integrándose posteriormente na Coalición Popular. Cando en abril de 1986 se debateu a moción de censura contra Xerardo Estévez que presentaron os populares, Marcial Castro foi insultado polo público asistente e tivo que saír escoltado[2]. Foi Secretario Xeral Técnico da Consellería de Pesca, Marisqueo e Cultivos Mariños de marzo de 1986 até outubro de 1987.
Predecesor: José Antonio Souto Paz |
![]() Alcalde de Santiago 1981 - 1983 |
Sucesor: Xerardo Estévez Fernández |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "«Confluíamos en el amor a Santiago»", La Voz de Galicia, Santiago, 7-4-2019, p. 5.
- ↑ El Partido Socialista pierde la alcaldía de Santiago de Compostela