Saltar ao contido

Gabinete na sombra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nos países que aplican o sistema de Westminster (maiormente membros da Commonwhealth) o goberno na sombra ou gabinete na sombra (en inglés shadow cabinet) tamén chamados goberno sombra ou gabinete sombra, inclúe os deputados dun partido da oposición que, baixo a dirección do líder do seu partido, forman un gabinete ou consello de ministros alternativo ao do goberno. Cada membro do gabinete na sombra é responsábel dunha área determinada e de supervisar e criticar a actuación dun ministro do goberno.[1]

Os membros do gabinete en sombra son xeralmente chamados «ministro na sombra de [nome do ministerio supervisado]» (“Shadow Minister for ..."). Na Cámara dos Comúns de Canadá, falamos máis ben de «crítico» e na Cámara dos Lords británica ou na Cámara de Representantes de Nova Zelandia de «portavoz» de área.

Se o partido da oposición pasa a gobernar, é habitual que o ministro na sombra reciba a carteira ministerial do goberno que se encargaba de supervisar mentres estaba na oposición.[2]

Aplicación[editar | editar a fonte]

En xeral, é o líder da Oposición Oficial quen reparte os cargos do gabinete na sombra entre os deputados do seu partido.

Nalgúns partidos, especialmente o Partido Laborista de Australia, é o grupo parlamentario o que elixe os ministros na sombra desde dentro e o líder asígnalles carteiras.[3]

Terceiros[editar | editar a fonte]

Cando hai máis de dous partidos representados na cámara, os partidos da oposición distintos do que forma a oposición oficial, ou "líder da oposición", tamén adoitan nomear gabinetes sombra. En Irlanda, os partidos da oposición e os deputados independentes poden formar un grupo técnico para ter máis dereitos dentro do Dáil Éireann.[4][5]

Outros países[editar | editar a fonte]

Fóra dos países que aplican o sistema de Westminster, algúns partidos políticos e sistemas electorais non esencialmente bipartidistas tamén se estableceron gobernos na sombra ou adoptaron prácticas similares.

En Alemaña é chamado Kompetenzteam ou Spitzenteam ao Bundestag; en Francia é o contragoberno; en Xapón é Seguinte Xapón ou dito tamén en inglés, «Shadow Cabinet».

O BNG conformou un «Goberno na sombra» xusto despois das Eleccións ao Parlamento de Galiza de 2024 para facer unha "marcaxe á Xunta".[6]

En 1995, o líder do PP andaluz, Javier Arenas, empregou o termo para falar da súa oposición ao goberno da Junta de Andalucía, mais, paradoxalmente, deixou de empregalo cando as enquisas lle foron máis favorábeis.[7] Posteriormente tamén foi anunciado en Cataluña e de novo en Andalucía.[8]

En Portugal, o PSD Moreira prometeu en 2022 un "Governo sombra à inglesa"[9]; Governo Sombra é tamén o nome dun programa de debate político portugués en clave de humor, frecuentemente comparado co Eixo do Mal, da mesma canle SIC Notícias.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Shadow cabinet". Institute for Government (en inglés). 2021-05-20. Consultado o 2024-07-06. 
  2. "shadow-cabinet". Parliament.uk. 
  3. "preliminary" (PDF). aph.gov.au. .
  4. "Technical group makes voice heard and gives bigger parties run for their money - The Irish Times - Wed, Jan 11, 2012". web.archive.org. 2012-01-12. Consultado o 2024-07-06. 
  5. "The Irish Times - Wed, Mar 09, 2011 - TDs agree to form Dáil technical group". web.archive.org. 2012-10-23. Consultado o 2024-07-06. 
  6. "Pontón presenta o 'goberno na sombra' do BNG: "Marcaxe estrita" á Xunta e "a cada crítica, unha solución"". Praza Pública. 2024-04-17. Consultado o 2024-07-06. 
  7. Cela, Daniel (2023-07-28). "Del "Gobierno en la sombra" de Javier Arenas a los 14 ministros de Feijóo: la piel del 'oso sin cazar' del PP". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2024-07-06. 
  8. Cela, Daniel (2024-01-09). "Espadas calca la estrategia de Illa y diseña un gobierno en la sombra en Andalucía como alternativa a las políticas de Moreno". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2024-07-06. 
  9. Barbosa, Bárbara (2022-04-20). "Moreira da Silva promete "Governo sombra" à inglesa e rejeita alianças com o Chega: "No PSD, não cabem racistas, xenófobos, populistas" (com áudio)". O Jornal Económico (en portugués). Consultado o 2024-07-06. 
  10. Correia, Gonçalo. ""Governo Sombra" vai passar a chamar-se "Programa Cujo Nome Estamos Legalmente Impedidos de Dizer"". Observador (en portugués). Consultado o 2024-07-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.