Josep Tapiró i Baró

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Josep Tapiró i Baró
Josep Tapiró fotografado en 1864 en Roma no estudio Altobelli & Molins
NomeJosep Tapiró i Baró
Nacemento7 de febreiro de 1836, 7 de febreiro de 1830 e 1830
 Reus
Falecemento4 de outubro de 1913 e 1913
 Tánxer
Nacionalidadecatalán
EidoPintura
MovementoOrientalismo, romanticismo, africanismo
Influenciado porMarià Fortuny
editar datos en Wikidata ]

Josep Tapiró i Baró, nado en Reus o 7 de febreiro de 1836,[1] e finado en Tánxer o 4 de outubro de 1913, foi un pintor catalán, coñecido polas súa acuarelas con retratos dos habitantes de Tánxer.[2]

Formouse en Reus e Barcelona coincidindo con Marià Fortuny. Grazas a numerosas viaxes a través de Europa entre 1863 e 1870, consolidou o seu estilo, compartindo temática co seu amigo. Viaxaron xuntos até Marrocos por primeira vez en 1871, un feito decisivo na vida dos dous artistas. Cando Fortuny morreu, Tapiró decidiu instalarse en Tánxer en 1877, onde ficaría por trinta anos, até 1913. En Tánxer especializaríase definitivamente na técnica da acuarela, especialmente retratos e escenas de interior da vida cotiá marroquí.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gras i Elias 1899, p. 161.
  2. Ribas Tur, Antoni (25 de xuño de 2013). "Josep Tapiró, el gran orientalista desconegut". Diari Ara: 32. ISSN 2014-010X. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]