Marià Fortuny
Marià Fortuny | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Marià Josep Bernat Fortuny i Marsal e Mariano José María Bernardo Fortuny Marsal |
Nacemento | 11 de xuño de 1838 e 11 de xullo de 1838 |
Lugar de nacemento | Reus |
Falecemento | 21 de novembro de 1874 |
Lugar de falecemento | Roma |
Soterrado | Campo di Verano |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Our Lady of Charity |
Ocupación | pintor e artista gráfico |
Cónxuxe | Cecilia de Madrazo |
Fillos | Mariano Fortuny y Madrazo e María Luisa Fortuny |
Coñecido por | A batalha de Tetuão, The Bullfighter's Salute, corrida de touros, o matador ferido e The Spanish Wedding |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |


Marià (Mariano) Fortuny i Marsal, de nome completo Marià Josep Maria Bernat Fortuny i Marsal (Reus, 11 de xuño de 1838 — Roma, 21 de novembro de 1874). Pintor e gravador catalán do século XIX.
Orfo desde moi neno, o seu avó foi o seu titor e o seu mellor valedor nos seus primeiros anos e na súa mocidade temperá, favorecendo a súa formación artística co pintor reusense Domènec Soberano. Tamén traballou co prateiro e ourive miniaturista reusense Antoni Bassa, quen influirá na minuciosidade que caracterizará no futuro a súa pintura.
En 1852 trasladouse a Barcelona en compañía do seu avó. Alí entrou a traballar no taller do escultor Domènech Tallarn, quen, satisfeito cos avances do seu novo alumno, xestionoulle unha pequena pensión da Obra Pía e a matrícula gratuíta na Escola de Belas Artes da Llotja, onde recibirá por primeira vez formación oficial. Os seus mestres na Escola serán Pau Milà i Fontanals, Lluís Rigalt e Claudi Lorenzale, membros do chamado Nazarenismo Catalán.