Josep Maria Socías
Josep María Socías i Humbert | |
---|---|
Nacemento | 23 de agosto de 1937 e 24 de agosto de 1937 |
Lugar de nacemento | Barcelona |
Falecemento | 3 de novembro de 2008 |
Lugar de falecemento | Barcelona |
Causa | cancro de pulmón |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Barcelona |
Ocupación | político |
Premios | Creu de Sant Jordi, Gran Cruz da Orde Civil do Mérito Agrícola e Orde do Mérito Constitucional |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Josep María Socías i Humbert, nado en Barcelona o 24 de agosto de 1937 e finado en Barcelona o 3 de novembro de 2008, foi un avogado e político catalán.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciouse en Dereito e diplomouse en Administración de empresas na Universidade de Barcelona e progresou na estrutura da Fronte de Xuventudes e do Sindicato Vertical do franquismo, primeiro como secretario sindical comarcal de Tarragona (1964) e logo como vicesecretario, secretario e finalmente delegado na provincia de Barcelona. En virtude destes cargos foi procurador en Cortes elixido polo terzo sindical dende 1967 a 1976. Nesa época tamén ocupou os cargos de vicepresidente da Feira Oficial Internacional de Mostras de Barcelona e vicepresidente da Exposición Universal de Barcelona.
Casado cunha filla do xeneral de artillería Manuel Pardo Ochoa, en 1976 e home de confianza de Rodolfo Martín Villa é nomeado alcalde de Barcelona polo goberno de España. Uns meses despois Xoán Carlos I desígnao senador.
Durante o seu período como alcalde e senador sufriu un atentado terrorista, reivindicado polo GRAPO, do que saíu ileso pero onde morreu un policía local que lle facía a escolta. Deixou a política activa en 1979, pero posteriormente afiliouse ao PSC[1].
Faleceu o 3 de novembro de 2008 por un cancro de pulmón no Hospital Universitari del Vall d'Hebron de Barcelona. Déronselle honras no Salón de Cento do concello de Barcelona.
Predecesor: Joaquín Viola |
![]() Alcalde de Barcelona decembro de 1976 - xaneiro de 1979 |
Sucesor: Manuel Font i Altaba |
Galardóns[editar | editar a fonte]
- Cruz ao Mérito Agrícola
- Cruz da Garda Urbana
- Premio Creu de Sant Jordi
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Company, E. (4 de novembro de 2008). "Josep Maria Socias, alcalde de la transición en Barcelona". El País.