Joaquín Viola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joaquín Viola
Nacemento26 de xuño de 1913
Lugar de nacementoCebreros
Falecemento25 de xaneiro de 1978
Lugar de falecementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Barcelona
Ocupaciónpolítico e rexistrador da propiedade
PremiosGran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Gran Cruz da Orde Civil do Mérito Agrícola, Cruz de Honra da Orde de San Raimundo de Peñafort e Gran Cruz da Orde do Mérito Civil
editar datos en Wikidata ]

Joaquín Viola, nado en Cebreros (Ávila) o 26 de xuño de 1913 e finado en Barcelona o 25 de xaneiro de 1978, foi un político catalán, alcalde de Barcelona entre 1975 e 1976.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun rexistrador da propiedade natural de Balaguer, pasou tan só dous meses na súa localidade natal trasladándose entón a Cataluña. Ao comezo da Guerra Civil española pasou á zona franquista e ingresou no seu exército, chegou ao rango de tenente e foi ferido na fronte de Teruel. Ingresou no corpo de Rexistradores da Propiedade en 1941. Procurador en Cortes desde 1967, alí presentou en 1970 unha emenda á Lei Xeral da Educación para que se considerase o ensino das linguas non casteláns un elemento esencial da educación. O 18 de setembro de 1975 asumiu o cargo de alcalde de Barcelona, permaneceu no posto ata decembro de 1976, durante a súa xestión revisou o Plan Comarcal, militarizou aos bombeiros e á policía municipal, despois foi durante uns meses director xeral da Función Pública.

Morreu coa súa dona o 25 de xaneiro de 1978 nun atentado consistente en colocarlle unha bomba no peito que nunca foi reivindicado.


Predecesor:
Enric Masó
 
Alcalde de Barcelona
 
setembro de 1975 - decembro de 1976
Sucesor:
Josep Maria Socías