Josep Maria Socías

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Josep María Socías»)
Josep María Socías i Humbert
Nacemento23 de agosto de 1937 e 24 de agosto de 1937
Lugar de nacementoBarcelona
Falecemento3 de novembro de 2008
Lugar de falecementoBarcelona
Causacancro de pulmón
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Barcelona
Ocupaciónpolítico
PremiosCreu de Sant Jordi, Gran Cruz da Orde Civil do Mérito Agrícola e Orde do Mérito Constitucional
editar datos en Wikidata ]

Josep María Socías i Humbert, nado en Barcelona o 24 de agosto de 1937 e finado en Barcelona o 3 de novembro de 2008, foi un avogado e político catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Dereito e diplomouse en Administración de empresas na Universidade de Barcelona e progresou na estrutura da Fronte de Xuventudes e do Sindicato Vertical do franquismo, primeiro como secretario sindical comarcal de Tarragona (1964) e logo como vicesecretario, secretario e finalmente delegado na provincia de Barcelona. En virtude destes cargos foi procurador en Cortes elixido polo terzo sindical dende 1967 a 1976. Nesa época tamén ocupou os cargos de vicepresidente da Feira Oficial Internacional de Mostras de Barcelona e vicepresidente da Exposición Universal de Barcelona.

Casado cunha filla do xeneral de artillaría Manuel Pardo Ochoa, en 1976 e home de confianza de Rodolfo Martín Villa é nomeado alcalde de Barcelona polo goberno de España. Uns meses despois Xoán Carlos I desígnao senador.

Durante o seu período como alcalde e senador sufriu un atentado terrorista, reivindicado polo GRAPO, do que saíu ileso pero onde morreu un policía local que lle facía a escolta. Deixou a política activa en 1979, pero posteriormente afiliouse ao PSC[1].

Faleceu o 3 de novembro de 2008 por un cancro de pulmón no Hospital Universitari del Vall d'Hebron de Barcelona. Déronselle honras no Salón de Cento do concello de Barcelona.


Predecesor:
Joaquín Viola
 
Alcalde de Barcelona
 
decembro de 1976 - xaneiro de 1979
Sucesor:
Manuel Font i Altaba

Galardóns[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]