Jos Wuytack

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJos Wuytack
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1935 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Gante, Bélxica Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBélxica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor de música , compositor Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en

Musicbrainz: 6c14412c-5ca1-45a0-a7d0-c9ff7cb646ca Editar o valor em Wikidata

Jos Wuytack, nado en Gante (Bélxica) o 23 de marzo de 1935, é un músico e pedagogo belga.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de completar os seus estudos musicais comezou a adicarse plénamente á Pedagoxía Musical Activa, baseada nos principios de Carl Orff (de quen foi discípulo e amigo e quen recoñeceu a autoridade mundial de Wuytack para a difusión da súa pedagoxía).

Wuytack foi titular no Instituto Lemmens, Centro Universitario de Lovaina (Bélxica), sendo na actualidade profesor emérito. Tamén impartiu clases no Instituto Superior de Música de Namur (Bélxica), Conservatorio de Tilburg (Países Baixos), Instituto Musical de métodos Activos de Lión (Francia) e Universidade de California (Estados Unidos). Así mesmo impartiu numerosos cursos destinados a alumnos, profesores, monitores e melómanos arredor de todo o mundo.

En 1996 foille concedida a Medalla de Ouro da Fundación Orff de Múnic en recoñecemento dos seus méritos científicos e pedagóxicos.

Libros e gravacións[editar | editar a fonte]

Jos Wuytack é o autor de numerosas obras musicais infantís e dunha vasta obra vocal e instrumental para coro instrumental Orff, frauta doce, percusión e orquestra sinfónica, parte da cal está editada. Hai unha gravación de 10 discos: Musica Poetica publicados orixinalmente polo selo Harmonia Mundi e difundidos na actualidade pola asociación Carl Orff France.

Wuytack é tamén autor de varios libros e artigos sobre educación musical publicados en diversos países. As súas cancións con xestos para nenos foron editadas en seis idiomas.

A súa achega máis orixinal á pedagoxía musical moderna, o sistema de Audición Musical Activa, destinado ao ensino da apreciación da música, está baseado na metodoloxía do musicograma, e foi editada en neerlandés (1972), francés (1974), portugués (1995) e castelán (1996).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]