José del Valle Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé del Valle Vázquez
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1916 Editar o valor em Wikidata
Sabadelle, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de xaneiro de 1982 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Málaga, España Editar o valor em Wikidata
Procurador en Cortes
16 de marzo de 1943 – 4 de decembro de 1944 – Jorge de la Riva Barba →
Gobernador civil da provincia de Lugo
Alcalde de Santiago de Compostela
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José del Valle Vázquez, nado en Sabadelle (Chantada) o 8 de marzo de 1916 e finado en Málaga o 7 de xaneiro de 1982, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante da Comuñón Tradicionalista Carlista na que ingresou en 1931. Na guerra civil combateu no bando franquista como tenente da Legión Española, foi ferido e obtivo a condición de cabaleiro mutilado. Foi xestor da Deputación da Coruña, delegado comarcal de Información e Investigación e alcalde de Santiago de Compostela (1941-1943).[1] Foi procurador nas Cortes Españolas durante a primeira lexislatura do franquismo (1943-1944). En outubro de 1943 foi nomeado Xefe provincial do Movimiento e gobernador civil de Cuenca. Foi gobernador de Lugo de 1948 a 1957. Posteriormente foi Delegado Provincial de Vivenda (ata 1972), Administrador de Bens da Diocese de Lugo e xerente de Radio Popular de Lugo.

O 23 de maio de 1963, diante da campaña pola liberdade relixiosa, e a marcha do Concilio Vaticano II, firma como representante carlista de Galicia o manifesto: El carlismo y la unidad religiosa.[2] Finou a consecuencia dun infarto mo barco que o levaba de Melilla a Málaga o 7 de xaneiro de 1982.[3]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Teresa Chousa García e foi pai de José María, Santiago, Carlos, Fernando, Antonio, María Teresa, Darío e Javier del Valle Chousa.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ABC-Madrid, 9 de outubro de 1943. Datos Biográficos de los nuevos Jefes Provinciales.
  2. Un poco de historia: El Carlismo durante Franco
  3. La Voz de Galicia, Lugo, 8-1-1982, p. 26.
  4. La Voz de Galicia, 9-1-1982, p. 63.


Predecesor:
Juan Gil Armada
 
Alcalde de Santiago
 
1941 - 1943
Sucesor:
Jorge de la Riva Barba