José Vargas Lorenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Vargas Lorenzo
Biografía
Nacemento1874 Editar o valor em Wikidata (149/150 anos)
Gondomar, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

José Vargas Lorenzo, nado en Gondomar cara a 1874, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veciño de Peitieiros, foi secretario da sociedade agraria de Peiteiros.[1] Membro do Partido Radical foi concelleiro de Gondomar. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Vigo por rebelión o 16 de outubro con José Pequeño Rodríguez (alcalde), Rogelio Lorenzo González (tenente de alcalde), José Cribeiro González, Joaquín Míguez Ledo, Eduardo Hermida Pereira, Antonio Iglesias (a) Cañón, Manuel Domínguez Sanromán e Feliciano Vargas,[2] foi condenado a 9 anos de prisión.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 16-7-1933, p. 12.
  2. El Diario de Pontevedra, 16-10-1936, p. 16.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]