Joaquín Míguez Ledo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1907 Mondariz, España |
Morte | 24 de outubro de 1936 (28/29 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista , político |
Lingua | Lingua castelá |
Joaquín Míguez Ledo, nado en Mondariz cara a 1907 e finado en Vigo o 24 de outubro de 1936, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Na Segunda República foi presidente do Sindicato de Gondomar. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e procesado na causa 805/36, polo delito de rebelión con José Pequeño Rodríguez (alcalde de Gondomar), Rogelio Lorenzo González (tenente de alcalde), José Cribeiro González, José Vargas Lorenzo e os obreiros Eduardo Hermida Pereira, Antonio Iglesias (a) Cañón, Manuel Domínguez Sanromán e Feliciano Vargas. Xulgados en consello de guerra en Vigo o 16 de outubro,[1] foi condenado a pena de morte e executado en Vigo o 24 de outubro de 1936.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Méixome, Carlos (2021). Catas na memoria. A persecución franquista no Val de Miñor. Santiago de Compostela: Laiovento. pp. 53–77. ISBN 978-84-8487-506-2.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Joaquín Míguez Ledo na páxina web Nomes e Voces.