José Vázquez Gómez
José Vázquez Gómez | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido |
Lugar de nacemento | Ourol |
Falecemento | 12 de novembro de 1947 |
Lugar de falecemento | Lousada |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Vázquez Gómez, coñecido como Ubaldo, nado en Ourol e finado en Lousada (Xermade) o 12 de novembro de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1938 era membro do grupo de César Terrón Abad formado por antigos combatentes da fronte asturiana como Eusebio García García, Ramiro Pérez Granja e Antonio Vega Guerrero que actuaba ao norte de Ponferrada. Logo da morte de César Terrón o 21 de xullo de 1940, o grupo foi dirixido por Florentino Rodríguez Pico e operou no Bierzo. José Vázquez pasou a integrarse na Federación de Guerrillas de León-Galicia, no grupo de Antonio Fernández Crespo activo nos límites de León e Asturias. Foi morto o 12 de novembro de 1947 en Lousada (Xermade) nun enfrontamento coa Garda Civil. A súa nai Vicenta Gómez, que xunto co seu irmán Domingo Vázquez, sufriron rexistros, interrogatorios e detencións continuadas, acabou por intentar suicidarse cando a recluíron na prisión provincial de Lugo en xuño de 1948.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Cabana, Ana (2013). La derrota de lo épico. Publicacions de la Universitat de València. ISBN 978-84-370-9089-4.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 135. ISBN 84-8485-231-8.