José Sequeiros Matos
José Sequeiros Matos | |
---|---|
Lugar de nacemento | Cangas |
Falecemento | xullo de 1913 |
Lugar de falecemento | León |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xuíz e xornalista |
Irmáns | Eugenio Sequeiros Matos |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Sequeiros Matos, nado en Cangas e finado en León en xullo de 1913[1], foi un xuíz e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Republicano, foi director de El Anunciador. Foi xuíz en Filipinas. Retornou a Pontevedra en 1899[2]. Foi xuíz municipal de Pontevedra (1901). Foi avogado fiscal en Almería e Sevilla e despois tenente fiscal da Audiencia provincial de León.
Era irmán de Eugenio Sequeiros Matos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Progreso, 12-7-1913, p. 1.
- ↑ El Combate, 23-4-1899, p. 2.