El Combate (Pontevedra)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Combate.
El Combate | |
---|---|
Fundación | 1899 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Pontevedra |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Combate foi un periódico bisemanal que se publicou en Pontevedra de 1899 a 1900.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Semanario republicano, apareceu o 19 de marzo de 1899. Tiña como lema: "La verdad regula la justicia y ésta la libertad, la igualdad, la solidaridad y la democracia". Publicábase os domingos cunha periodicidade bisemanal. Estaba dirixido por Vicente García Temes, que foi procesado por desacato en setembro de 1899, ocupando a dirección Joaquín Poza Cobas.[1] Entre os seus colaboradores figuraron Severino Pérez Vázquez (que tamén foi director durante un tempo), José Juncal Verdulla e Emiliano Iglesias. Cesou a súa edición non antes do 30 de decembro de 1900.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Combate, 24-9-1899, p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Combate, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Combate, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.