José Rodríguez Páramo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Rodríguez Páramo
Nacemento7 de novembro de 1904
 Doade
Falecemento25 de agosto de 1943
 A Pereira
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistencia
editar datos en Wikidata ]

José Rodríguez Páramo, Páramo ou Secretario, nado en Doade (Sober) o 7 de novembro de 1904 e finado na Pereira (Entrimo) o 25 de agosto de 1943, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrante retornado. Foi secretario do concello de Sober (1932-1933) e secretario da Sociedade "Trabajadores de la Tierra" de Doade encadrada na UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Foi procesado en xullo de 1937 con José María Gayoso de la Fuente por malversación de caudais.[1] Foi xulgado por rebelión e declarado en rebeldía por auto de 4 de xaneiro de 1938. Foi absolto en 1939. Apareceu nos primeiros anos corenta formando parte dun grupo de guerrilleiros na fronteira portuguesa do que formaba parte Ramón Yáñez Pereira e a súa compañeira Rosa Alves "A Africana". Morreu o 25 de agosto de 1943 na Pereira (Entrimo).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alonso Santos, Román (2016). Saltando a raia. Guerrilla republicana no suroeste ourensán (1939-1943). Ponteareas: Novas do Eixo Atlántico. pp. 128–130, 256–266. ISBN 978-84-608-9994-5. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]