Ramón Yáñez Pereira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramón Yáñez Pereira
Nacemento1902
 Monforte de Lemos
Falecemento13 de xullo de 1943
 Caseta de Ansemil, Ansemil, Celanova
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmembro da resistência
editar datos en Wikidata ]

Ramón Yáñez Pereira, coñecido como Enrique ou Médico, nado en Monforte de Lemos en 1902 e finado en Celanova o 13 de xullo de 1943, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na II República era policía en Barcelona, traballaba para a Generalitat. Antes da ocupación de Barcelona polas tropas franquista, marchou a Francia a finais de decembro de 1938. Volveu a Monforte de Lemos e logo trasladouse a Ribadavia onde traballou como recadador de contribucións ata xullo de 1940. Fuxiu cando o ía deter a policía e marchou a Portugal instalándose en Castro Laboreiro. Formou parte do grupo capitaneado por José Rodríguez Páramo xunto coa súa compañeira Rosa Alves "A Africana". Foi morto pola policía en Caseta de Ansemil (Celanova) o 13 de xullo de 1943.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alonso Santos, Román (2016). Saltando a raia. Guerrilla republicana no suroeste ourensán (1939-1943). Ponteareas: Novas do Eixo Atlántico. pp. 130–131, 239–244. ISBN 978-84-608-9994-5.