José María Regadío Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Regadío»)
Infotaula de personaJosé María Regadío Vázquez
Biografía
Nacemento28 de xaneiro de 1920 Editar o valor em Wikidata
Monterroso, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xaneiro de 2010 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José María Regadío Vázquez, nado en Bidouredo (Monterroso) o 28 de xaneiro de 1920 e finado en Lugo o 9 de xaneiro de 2010, foi un sacerdote galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o máis vello de dez irmáns, e os vinte e un anos quedou orfo de pai. Sendo adolescente ingresou no Seminario de Lugo, onde recibiu formación humanista. Iniciouse como coadxutor no arciprestado de Sarria, onde aprendeu artes gráficas e técnicas de impresión e reprodución mecánica. Tralo Alzamento Nacional de 1936 foi mobilizado, estando na fronte de Guadalaxara co bando nacional levando a padiola. Ao finalizar a guerra diplomouse no Seminario Maior en filosofía (1940) e teoloxía (1944).

Foi coadxutor na arquidiocese de Sarria. En 1951, xa como sacerdote, fíxose cargo de tres parroquias do concello de Palas de Rei: Laia, Quindimil e Filgueira, establecéndose coa súa familia nesta última.

A principios da década de 1960 fundou en Palas de Rei a imprenta Lakinfil (acrónimo das tres parroquias que levaba), dedicándose á estampación de carteis, tarxetas postais e a encadernación e edición de libros. A imprenta tiña a sede na esquina da Avenida de Compostela e a Travesía do Peregrino. O obradoiro trasladouse a principios da década de 1990 a unha nave na parroquia de Filgueira, que fora anteriormente unha granxa porcina. Renovou a maquinaria da mesma, cunha nova impresora offset (sumada á Hiederberg alemá xa existente), e poucos anos despois equipos informáticos e programas de maquetación gráfica.

A principios da década de 1960 creou O Mintireiro Verdadeiro, un calendario agrícola galego anual, que chegou a vender 15.000 exemplares.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Castro, José de (2017). "'O Mintireiro Verdadeiro', medio século de literatura popular". Cairón. Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns (1): 162–169. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]