José Raimundo Núñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Raimundo Núñez
Nacemento16 de xullo de 1946
 Betanzos
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncronista
editar datos en Wikidata ]

José Raimundo Núñez-Varela Lendoiro, nado en Betanzos en 1946, é un historiador e investigador galego, cronista oficial dos concellos de Betanzos, Miño e Paderne.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado nunha familia de empresarios betanceiros, diplomouse na Escola de Comercio da Coruña. Ingresou por oposición en Caixa Galicia en 1968, mais nunca esqueceu a súa vocación historiadora.

Xa durante o réxime franquista colaborou no desenvolvemento cultural da súa cidade natal, tanto na súa etapa como delegado da xuventude (recuperando as antigas danzas gremiais) coma posteriormente dende o seu cargo de concelleiro de cultura do consistorio betanceiro. A súa loita pola recuperación do parque do Pasatempo, e o seu empeño por fundar un museo na localidade, levaron ó Concello a nomealo como cronista oficial da cidade en 1982, cargo honorífico que recibiu o 25 de febreiro de 1983, coincidindo coa inauguración do Museo das Mariñas, por el fundado. Posteriormente, en 1993 e 1995 foi nomeado cronista oficial dos concellos de Miño e Paderne, respectivamente.

Do seu labor como cronista, destacan a súa loita pola conservación do patrimonio histórico da bisbarra betanceira e pola recuperación do Camiño Inglés de Santiago. Ideólogo da Feira Franca Medieval de Betanzos, é tamén patrón da Fundación Centro Internacional de la Estampa Contemporánea de Betanzos, e vocal da Asociación Española de Cronistas Oficiales.


Predecesor:
Francisco Vales Villamarín
 Cronista Oficial de Betanzos 
1982 -
Sucesor:
No cargo

Obras[editar | editar a fonte]

Ademais de decenas de traballos de investigación histórica, Núñez ten publicados os seguintes libros, todos en castelán:

  • Betanzos de los Caballeros y sus Mariñas (1984, Ed. Everest).
  • Historia Documentada de Betanzos de los Caballeros, siglos XV - XVI (1984, Fundación Caixa Galicia).
  • El Antroido en las Mariñas dos Condes (1985, Concello de Betanzos).
  • Miño, apuntes históricos y guía del municipio (1990, Fundación Caixa Galicia).
  • La peste de 1598 en Betanzos de los Caballeros (1998, Concello de Betanzos).
  • La ocupación de Betanzos y su tierra por los franceses en 1809 (2013, Concello de Betanzos)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]