José Domingo Cipriano Oreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Oreiro Rodríguez»)
Infotaula de personaJosé Domingo Cipriano Oreiro
Biografía
Nacemento(es) José Domingo Cipriano Oreiro Rodríguez Editar o valor em Wikidata
24 de xaneiro de 1947 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Muros, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
26 de marzo de 2004 – 15 de xaneiro de 2008

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Alcalde de Carnota
1995 – 1999 – Xosé Manuel García → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Domingo Cipriano Oreiro Rodríguez, nado o 24 de xaneiro de 1947 en Muros, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, estudou pedagoxía e comezou a dar clase para rapaces con dificultades cognitivas no IES de Carnota.

Militante do Partido Popular de Galicia. Foi o candidato á alcaldía de Carnota nas eleccións municipais de 1991 e foi a candidatura máis votada con 5 concelleiros, se ben non logrou a alcaldía tras pactar os grupos de esquerdas a continuidade do BNG no goberno. Foi elixido deputado autonómico nas eleccións galegas de 1993. Permaneceu durante dous anos na cámara do Hórreo, ata que en 1995 foi elixido alcalde de Carnota nas municipais dese ano, ao lograr novamente a vitoria (agora con 6 concelleiros) e chegar a un acordo cos independentes de Manuel Brea Beiro, ata entón alcalde polo BNG.

Trala integración de Brea Beiro no PPdeG concorreu con este de número 2 nas municipais de 1999 e revalidou a súa vitoria con 6 concelleiros incrementando os seus apoios. Porén quedouse a uns poucos votos da maioría absoluta, polo que perdeu a alcaldía tras pactar BNG e PSdeG un novo goberno co nacionalista Xosé Manuel García Martínez á fronte. Nas municipais de 2003 sumou lixeiramente máis apoios pero volveuse quedar novamente ás portas da maioría absoluta, polo cal permaneceu na oposición tras un novo pacto entre nacionalistas e socialistas.

En 2004 integrou a candidatura do Partido Popular de Galicia ao Congreso dos Deputados nas xerais dese ano, e resultou elixido, manténdose como deputado ata o final da lexislatura en 2008. Nas municipais de 2007 volveu a presentarse á alcaldía de Carnota e nesta ocasión logrou a maioría absoluta, polo cal recuperou a alcaldía. Nas municipais de 2011 non logrou a maioría absoluta, polo cal perdeu a alcaldía en favor de Ramón Noceda Caamaño, do BNG, que xa fora o alcalde entre 1983 e 1989 e que logrou o apoio dos socialistas na investidura. Nas municipais de 2015 encabezou novamente a candidatura do PPdeG sen conseguir recuperar a alcaldía tras logralo BNG a maioría absoluta, polo cal renunciou a recollela súa acta de concelleiro.

No ano 2014 foi imputado por fraude na contratación dunha empregada municipal na súa última etapa na alcaldía[1]. En 2020, confirmouse a acusación e tanto el coma a que fora a tenente de alcalde foron condenados a 7 anos de inhabilitación para cargo público.[2]


Predecesor:
Manuel Santiago Brea Beiro
 
Alcalde de Carnota
 
1995 - 1999
Sucesor:
Xosé Manuel García Martínez
Predecesor:
Xosé Manuel García Martínez
 
Alcalde de Carnota
 
2007 - 2011
Sucesor:
Ramón Noceda Caamaño

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]