Xosé Manuel García
Xosé Manuel García | |
---|---|
Nacemento | 1954 |
Lugar de nacemento | Carnota |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xosé Manuel García Martínez, nado en Lira en 1954, é un médico e político do BNG que foi alcalde de Carnota.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Doutor de profesión, tras varios anos exercendo como médico de cabeceira en diversos lugares de Galiza, actualmente é o médico titular da Casa do Mar de Muros.
Manolo García comezou a interesarse pola política desde a súa época universitaria, militando daquela na formación estudantil nacionalista ERGA. Cando se desprazou a traballar a Muros, comezou a súa participación na vida política de Carnota desde a Asemblea Local do BNG, que o levou a encabezar a candidatura local no ano 1995, pasando a ser líder da oposición nesas mesmas eleccións, destacando xunto cos seus compañeiros pola intensa labor de control do daquela goberno do PP, e a maduración das vías do nacionalismo para acadar a alcaldía.
Foi elixido de novo como candidato do BNG de Carnota para as eleccións municipais de 1999, ano no que o BNG alcanzou a cifra de 5 concelleiros de 13 posíbeis, chegando así á alcaldía que revalidaría en 2003.
En 2007 rexeita volver presentarse a candidato do BNG de Carnota a revalidala alcaldía por problemas de saúde, co que pecha así un intenso ciclo dedicado á política activa e en especial ao concello que gobernou durante oito anos.
Familia[editar | editar a fonte]
É irmán do actor Miguel de Lira.[1]
Predecesor: José Domingo Cipriano Oreiro |
![]() Alcalde de Carnota 1999-2007 |
Sucesor: José Domingo Cipriano Oreiro |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ A noite de Miguel de Lira (CRTVG). 9 de xullo de 2019.