José Napoleón Duarte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Napoleón Duarte
Nduarte.jpg
José Napoleón Duarte Fuentes
Presidente do Salvador
Período: 1 de xuño de 1984 - 1 de xuño de 1989
Antecesor: Álvaro Alfredo Magaña Borja
Sucesor: Alfredo Cristiani
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
Período:
Antecesor:
Sucesor:
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 23 de novembro de 1925
Lugar: San Salvador, O Salvador
Falecemento: 23 de febreiro de 1990
Lugar: San Salvador, O Salvador
Organización: Partido Demócrata Cristiano
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: Inés Durán de Duarte
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s):
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: enxeñeiro civil, profesor e político
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

José Napoleón Duarte Fuentes, nado en 1925 e finado en 1990, foi un enxeñeiro civil, profesor e político. Foi o presidente do Salvador entre 1984 e 1989.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicio[editar | editar a fonte]

Estudou no Liceo Salvadoreño e máis tarde na Universidade de Notre Dáme, en Indiana, Estados Unidos onde graduouse como Enxeñeiro Civil. De volta ao seu país exerceu como profesor de Cálculo Estrutural na Facultade de Enxeñería civil da Universidade do Salvador. Cursou estudos de Ciencias políticas en diferentes universidades europeas e foi alcalde de San Salvador de 1964 a 1970.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Fundou o Partido Demócrata Cristián, sendo primeiro secretario xeral e desde 1972 presidente. Este mesmo ano foi candidato á presidencia da República pola Unión Nacional Opositora, perdeu por pouca marxe contra o coronel Arturo Armando Molina. Duarte foi arrestado logo de participar activamente nun golpe de estado para evitar que o seu adversario asumise a presidencia e viuse obrigado a exiliarse en Venezuela, onde sería elixido vicepresidente da Unión Mundial Demócrata Cristiá e máis tarde, presidente da Organización Demócrata Cristiá de América.

En 1979 tras o derrocamento do [[xenera[[l Carlos Humberto Romero regresou ao Salvador. Entre marzo de 1980 e abril de 1982 foi membro da Xunta Revolucionaria de Goberno. En 1984, foi novamente candidato á presidencia do país polo Partido Demócrata Cristián. Os resultados obrigaron a realizar unha segunda votación entre Duarte e Roberto d'Aubuisson, da que Duarte saíu proclamado presidente electo, e tomou posesión do cargo o 1 de xuño 1984. En 1987, propuxo a Daniel Ortega, entón presidente de Nicaragua, a firma do Plan de paz de Esquipulas, para conseguir a paz en territorio centroamericano. Durante o seu mandato tivo que facer fronte a varios intentos de golpe de estado, dos que puido salvarse grazas ao apoio dos Estados Unidos. Así mesmo sufriu o secuestro da súa filla a mans da guerrilla en 1985.

En xuño de 1989, gravemente enfermo vítima dun proceso canceroso, entregou a presidencia ao seu sucesor Alfredo Cristiani. Foi o primeiro presidente civil do Salvador electo democraticamente desde 1931, e entregou o poder a un sucesor civil tamén electo democraticamente.

Faleceu o 23 de febreiro de 1990.

Presidente do Salvador

Segue a:
Álvaro Magaña
José Napoleón Duarte
Precede a:
Alfredo Cristiani
Partido Demócrata Cristiano - PDC