José María Silva Fernández
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de setembro de 1897 A Estrada, España |
Morte | 2 de xaneiro de 2000 (102 anos) Montevideo, Uruguai |
Actividade | |
Ocupación | fotógrafo |
José María Silva Fernández, nado no Montillón de Arriba (A Estrada)[1] o 29 de setembro de 1897 e finado en Montevideo o 2 de xaneiro de 2000, foi un fotógrafo galego-uruguaio.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nace na Estrada o mesmo ano que morre o seu pai na Guerra hispano-estadounidense. Seis anos despois, a súa nai decide emigrar ao Río de la Plata e marchan ao Uruguai. Aos 14 anos empregouse na casa de fotografía El Indio e aprendeu o oficio.
Fotografou a varias personalidades, como Juan Domingo Perón, Luis Alberto de Herrera, Mariano Mores, Alberto Candeau, José Belloni, León Felipe etc. En particular Carlos Gardel foi un dos seus máis fieis clientes e amigos, alcumábao "Silvita".[2]
Tamén foi reporteiro gráfico durante o partido final do Mundial de Fútbol de 1930.[3]
Presidiu a Asociación de Fotógrafos Profesionales do Uruguai durante 28 anos, retirándose en 1994.
Traballou ata os 96 anos, axudado polo seu fillo Julio César. Cando fixo 100 anos foi homenaxeado e entrevistado por axencias de prensa internacionais como a BBC e a DPA.[4] Tamén recibiu a distinción de "Uruguayo inmigrante del año" en 1998, do Ministro de Educación y Cultura.[1]
Morreu aos 102 anos, vítima dunha pneumonía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "José María Silva, inmigrante del año en Uruguay". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 02 de agosto de 2015.
- ↑ "El fotógrafo de Carlos Gardel". Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2016. Consultado o 02 de agosto de 2015.
- ↑ "Fallece fotógrafo de Carlos Gardel" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2012. Consultado o 02 de agosto de 2015.
- ↑ "Muere el fotógrafo de Gardel a los 102 años". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2012. Consultado o 02 de agosto de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Varese, Juan Carlos (1997). Memorias de José María Silva, el fotógrafo de Gardel. Montevideo: Fundación BankBoston. ISBN 9974590841.
- González Díaz, Ismael (2008). José María Silva. O retratista de Gardel. Autor-Editor. ISBN 978-84-611-7028-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- José María Silva en Todotango] (en castelán)
- Municipio de A Estrada homenajeará a José Mª Silva arquivado dende o orixinal o 12 de abril e 2013 (en castelán)
- El cineasta Ismael González rescata la memoria de José Mª Silva Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine. (en castelán)
- González proxecta crear na Estrada un museo arredor da obra de Silva Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine.