José Manuel Sieira Míguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Manuel Sieira Míguez
Nacemento15 de decembro de 1947
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxuíz e político
editar datos en Wikidata ]

José Manuel Sieira Míguez, nado na Coruña o 15 de decembro de 1947, é un xuíz e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1970 ingresou na carreira xudicial dous anos máis tarde. Foi destinado como xuíz aos xulgados de Aracena, Astorga, Torrelavega e Arcos de la Frontera, ata que en 1978 pasou á maxistratura de traballo de Xerez da Fronteira. En paralelo a este cargo, comezou a traballar para o ministerio de Traballo e en 1979 foi secretario do Fondo de Garantía Salarial. En 1980 foi nomeado gobernador civil de Granada polo goberno de Adolfo Suárez, posto que perdeu co relevo político na Moncloa de 1982.

Dende 2010 é presidente da sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo de España. En calidade de tal fixo un voto particular contra a ilegalización de Sortu.