José Luis Tasende

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Luis Tasende
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 1925 Editar o valor em Wikidata
Manzanillo, Cuba Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xullo de 1953 Editar o valor em Wikidata (28 anos)
Santiago de Cuba Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCuba Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónrevolucionario Editar o valor em Wikidata

José Luis Tasende de las Muñecas, ás veces escrito José Luis Tassende, nado en Manzanillo o 15 de xaneiro de 1925 e finado en Santiago de Cuba o 26 de xullo de 1953, foi un revolucionario cubano, de orixe galega, morto no asalto ao cuartel Moncada.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Aínda que naceu en Manzanillo, trasladouse logo a Santiago de Cuba, onde seu pai, natural da Coruña,[1] traballaba na Compañía Bacardí. Morto o pai en 1935, a familia emigrou á Habana, onde José Luis (ou Pepe Luis como era coñecido) estudou electromecánica e coñeceu a Fidel e Raúl Castro. Traballou en varias fábricas, onde destacou como líder laboral e vinculouse ao Partido Ortodoxo, no que tamén militaba Fidel. Este propúxolle destapar uns turbios negocios de compras de terreos do presidente Prío Socarrás. Xunto a Pedro Trigo foron aos terreos onde simularon realizar un picnic, tomaron fotos das construcións e publicáronas no diario Alerta.[2]

Asalto ao cuartel Moncada[editar | editar a fonte]

En 1952, Fulgencio Batista deu un golpe de Estado e Tasende comezou a recibir leccións de tiro, preparándose para seguir os plans revolucionarios de Fidel. O 26 de xullo de 1953, participou xunto a máis dun cento de revolucionarios liderados por Fidel, no asalto ao cuartel Moncada. O exército cubano repeleu o ataque, que resultou un fracaso. Tasende logrou entrar no cuartel pero foi ferido nunha perna. Confundido cun xeneral do exército (polo seu uniforme) foi levado á enfermaría e atendido, ata que uns soldados se deron conta de que era un dos atacantes. Entón foi lanzado da cama e levado ao Hospital Militar.[3] Alí foi fotografado[4] e acto seguido asasinado, sendo o primeiro moncadista morto.[5] A súa foto xusto antes de ser executado converteuse nun símbolo da loita antibatistiana.[3]

Vida privada[editar | editar a fonte]

En 1951 casou con Elita Dubois e un ano despois naceu a súa filla, Temita. sendo Raúl Castro o seu padriño.[2]

Legado[editar | editar a fonte]

Varias institucións levan o seu nome en Cuba, como a Clínica Estomatológica José Luis Tassende en Santiago de Cuba,[6] a Escuela Primaria José Luis Tassende en Puerto Padre,[7] a Escuela Básica Secundaria José Luis Tassende en Santiago de Cuba,[8] a Escuela y Teatro José Luis Tassende en Camagüey[9] ou a Escuela Especial José Luis Tassende de las Muñecas en Cienfuegos.[10]

En 1959, durante o acto de entrega do cuartel Moncada ao Ministerio de Educación, Raúl Castro levantou ante os micrófonos á filla de José Luis, Temita, e dixo: "E hoxe aquí, Temita, mira a obra de teu pai."[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Entrevista a Pedro Trigo" (en castelán). Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Reseñas biográficas de figuras significativas en la historia de Cuba" (PDF). www.eumed.net (en castelán). Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "Símbolo del martirilogio moncadista" (en castelán). 24 de xullo de 2019. Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  4. "Los cuatro fotógrafos del Moncada". Granma (en castelán). 25 de xullo de 2017. Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  5. "El primer moncadista asesinado" (en castelán). 13 de agosto de 2013. Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  6. "Clínica Estomatológica Jose Luis Tassende" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2019. Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  7. "Escuela Primaria José Luis Tassende (Puerto Padre)". EcuRed (en castelán). Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  8. "Escuela Secundaria Básica "José Luis Tassende"". www.unesco.org (en castelán). Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  9. "Escuela y Teatro José Luis Tasende (camagüey)". EcuRed (en castelán). Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  10. "Escuela Especial José Luis Tassende de las Muñecas". EcuRed (en castelán). Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  11. Núñez Jiménez, Antonio (1982). En marcha con Fidel (en castelán). Grupo Editorial RA-MA. ISBN 978-95-90617-05-8. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]