José Luis Suárez Cotelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Luis Suárez Cotelo
Biografía
Nacemento1945 Editar o valor em Wikidata (78/79 anos)
Ponteceso, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Ponteceso
Parlamentario
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata

José Luis Suárez Cotelo, nado en Ponteceso en 1945, é un político e profesor galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filosofía e Letras, foi profesor de Filosofía no instituto Eusebio da Guarda da Coruña[1]. Nas eleccións municipais de 1979 foi elixido concelleiro en Ponteceso como número 2 da Candidatura Democrática Independente, que encabezaba Manuel Jesús Vázquez Barca e que obtivo a maioría absoluta, pasando a ser primeiro tenente de alcalde. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde con maioría absoluta, sendo reelixido nas municipais de 1987, tamén con maioría absoluta. Formou parte da candidatura do PSdeG nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1985, se ben nun primeiro momento non resultou elixido, trala dimisión de Manuel Couce Pereiro en setembro de 1989 asumiu a acta de deputado por uns meses ata as Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1989, nas que volveu formar parte da candidatura socialista pero sen lograr escano. Ó acceder ao Parlamento de Galicia presentou a súa renuncia á alcaldía, debido á incompatibilidade que supón este cargo co de deputado autonómico, sendo substituído polo seu número 2 Ramón Saleta Neira e permanecendo como concelleiro con responsabilidades de goberno na corporación. Mantívose como concelleiro tralas municipais de 1991, nas que foi o número 4 da candidatura socialista, logrando de novo a vitoria e mantendo responsabilidades de goberno baixo os mandatos de Saleta e Fernando Castro Villar ata maio de 1993, cando foron apartados do poder por unha moción de censura do PPdeG e o PSG-EG[2]. Retirouse da política á fin dese mandato en 1995.


Predecesor:
Manuel Jesús Vázquez Barca
 
Alcalde de Ponteceso
 
1983 - 1989
Sucesor:
Ramón Saleta Neira

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 19-9-1989, p.23.
  2. La Voz de Galicia, 13-5-1993, p.31.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]