José Luis González Eiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luis
Información persoal
Nome completo José Luis González Eiras
Nacemento 2 de maio de 1974 (45 anos)
Lugar Catoira, Galicia
Altura 1,75 m.
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1992–1994 Arousa
1994–1998 Racing de Ferrol 87 (10)
1998–2000 Lugo 66 (9)
2000–2001 Leonesa 15 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

José Luis González Eiras, nado en Catoira o 2 de maio de 1974, é un exfutbolista galego. Xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse xogando no Arousa SC co que acadou o ascenso a Segunda División B dende a Terceira con tan só 18 anos. Ao ano seguinte o equipo volve perder a categoría e Luis deixa o equipo para fichar polo Racing de Ferrol.

En Ferrol xogou catro tempadas na Segunda División B, no seu primeiro ano tivo un papel secundario nun Racing que se proclamou campión da categoría e que loitou por ascender a Segunda División. Ao ano seguinte o equipo volveu ocupar postos de ascenso, agora xa sendo Eiras un habitual nos onces iniciais.

A comezos da tempada 1998/99 fichou polo CD Lugo, despois de dúas tempadas discretas do equipo ferrolano. O seu bo rendemento en Lugo fai que o Cultural Leonesa se fixe nel, fichando polo equipo leonés no ano 2000.

Esa tempada o equipo leonés quedou subcampión da categoría, porén Luis lesionouse de gravidade. A causa dun mal xesto nun adestramento rompeu o menisco, afectando tamén ao cartilaxe. Operouse varias veces pero non puido volver a xogar profesionalmente ao fútbol. A causa desta lesión obtivo a incapacidade para desenvolver a súa profesión e concedeuselle unha indemnización de 40.000 euros e unha pensión de 1.500 euros ao mes sufragada pola Cultural Leonesa,[1] xa que no momento da lesión non tiña dado de alta ao xogador na Seguridade Social.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15/07/2014. Consultado o 04/07/2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]