José Luis Bilbao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Luis Bilbao
Jose Luis Bilbao eta Andoni Ortuzar.jpg
Nacemento24 de xaneiro de 1957
 Bilbao
NacionalidadeEspaña
Relixióncatolicismo
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José Luis Bilbao Eguren, nado en Bilbao, Biscaia o 24 de xaneiro de 1957, é un político vasco, foi presidente da Deputación Foral de Biscaia entre 2003 e 2015.

Naceu no seo dunha familia nacionalista vasca do barrio de Matiko, en Bilbao. Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade do País Vasco. Afiliado ao Partido Nacionalista Vasco desde 1976, foi nos seus inicios responsable da organización xuvenil do partido, Euzko Gaztedi (EGI).

Carreira política[editar | editar a fonte]

Foi elixido membro das Xuntas Xerais de Biscaia polo PNV nas eleccións forais de 1983. Dende entón desempeñou diferentes responsabilidades na administración pública, particularmente no eido da Deputación Foral de Biscaia, dende Director de Orzamentos e Finanzas, até Deputado de Presidencia, pasando por Secretario Xeral do Deputado Xeral, Deputado de Agricultura ou de Promoción Económica, e presidente do Consorcio de Transportes de Biscaia.

Durante a última lexislatura de Josu Bergara como Deputado Xeral de Biscaia (1999-2003), José Luis Bilbao estivo a traballar internamente no partido a súa candidatura a sucederlle. Pouco coñecido polo electorado pero ben relacionado con Iñigo Urkullu, quen entón sucedera ao histórico Luis María Retolaza como home forte da executiva biscaíña do PNV, a que concentra o 80% da militancia do partido, Bilbao impúxose a outros nomes como José Anxo Corres, Karmelo Sáinz da Maza, alcalde de Leioa, ou Juan Luis Laskurain, ex deputado foral de Facenda e ex presidente do Tribunal Vasco de Contas, que tamén aspiraban a suceder a Bergara.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]