Unai Rementeria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaUnai Rementeria

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de agosto de 1973 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Mundaka, España Editar o valor em Wikidata
37º Deputado Xeral de Biscaia
1 de xullo de 2015 – 5 de xullo de 2023
← José Luis BilbaoElixabete Etxanobe →
Deputado do Parlamento do País Vasco
3 de abril de 2009 – 30 de xuño de 2011 – Mireia Zarate Agirre (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Biscaia
Alcalde Mundaka
16 de xuño de 2007 – 14 de xaneiro de 2013 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Deusto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político , economista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEuzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua éuscara Editar o valor em Wikidata

Unai Rementeria Maiz, nado en Mundaka, Biscaia, en 1973, é avogado economista e político vasco, que dende o 2015 exerce como Deputado Xeral de Biscaia.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Nado en Mundaka o 10 de agosto de 1973, reside en devandito concello da costa biscaíña, está casado e ten dous fillos. Ademais de licenciado en Dereito e diplomado en Económicas pola Universidade de Deusto, é diplomado en Dereito Administrativo e Urbanístico. Conta cun máster en Práctica Xurídica do Colexio de Avogados de Biscaia, outro en Dereito Urbanístico polo IVAP, e coñecementos de contabilidade pública e privada.

Desempeñou un papel moi destacado no apoio ás familias dos mariñeiros do atuneiro Alakrana, secuestrado por piratas en outubro de 2009 durante 47 días fronte á costa de Somalia. Fala e escribe en castelán, éuscaro e inglés.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Integrou, en calidade de independente, a candidatura local de EAJ-PNV nas eleccións municipais de 1999. Foi concelleiro de Urbanismo e tenente alcalde de Mundaka desde 1999 a 2007. Ocupou a alcaldía deste concello biscaíño dende 2007 até 2013.

Tamén foi membro da xunta territorial de EUDEL (2007-2010), a asociación de concellos vascos. En 2009 estreouse como parlamentario no Parlamento Vasco en representación de EAJ-PNV (até 2011).

Nas eleccións municipais e forais dese ano foi elixido juntero e designado portavoz do grupo de EAJ-PNV nas Xuntas Xerais de Biscaia. Dende xaneiro de 2013 até o día de hoxe é deputado de Presidencia e voceiro da Deputación Foral de Biscaia.

Dentro de EAJ-PNV foi membro da Asemblea Nacional e do Bizkai Buru Batzar entre 2008 e 2012.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]