José Lamela Bautista
José Lamela Bautista | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1 de novembro de 1947 |
Padrendo | |
Falecemento | 4 de xaneiro de 2021 |
Ourense | |
Soterrado | Río Caldo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor, político, historiador, xornalista e enxeñeiro industrial |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Lamela Bautista, nado en Padrendo (Río Caldo, Lobios) o 1 de novembro de 1947 e finado en Ourense o 4 de xaneiro do 2021,[1] foi un historiador, escritor e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Realizou estudos de Enxeñería Técnica Industrial. Emigrou a Barcelona en 1973, onde traballou no sector de hidrocarburos e foi Director de Obra na Empresa OHL.
Dirixiu e presentou dende o ano 2000 o programa radiofónico cultural Sempre en Galicia de Radio Cornellá. Dende 2004 é membro do Xurado dos premios literarios Rosalía de Castro de poesía e Rosa Reboredo de narrativa de Cornellà de Llobregat. Foi fundador da asociación protectora de medio ambiente Amigos de Río Caldo, e da Plataforma pola defensa de Río Caldo.
“ | Un numeroso grupo de mártires fue ofrecido desde los primeros tiempos del cristianismo a las persecuciones paganas y, de entre ellos, Santa Eufemia se convirtió en la mártir emblemática del Xurés.
El Xurés y sus misterios. |
” |
Publicou numerosos traballos de investigación histórica sobre a Xurés en revistas como Auria, Arraianos, Nós, Xurdimento e Lúa Nova, da que tamén forma parte do consello de redacción. É colaborador permanente de La Región e do xornal de Terras de Bouro Geresâo.
“ | Hai unha lei local non escrita que vén a dicir: Practíquese a costume piadosa de tocar as campás cada vez que se suba ao santuario do Xurés, para que o seu son escorrente a tódolas forzas malignas escondidas nos recunchos da serra.
A Virxe do Xurés. |
” |
Foi socio fundador de CALIDUM-Clube de Autores Minhoto/Galaicos.
No ano 2015 foi recoñecido como Xuíz Honorario[2] do Couto Mixto.
Nas eleccións municipais de 2007 presentouse á alcaldía de Lobios encabezando a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde grazas a un pacto co BNG.
Predecesor: Benito Vázquez Vázquez |
![]() Alcalde de Lobios 2007 - 2011 |
Sucesor: María del Carmen Yáñez Salgado |
Obras[editar | editar a fonte]
- El Xurés y sus misterios (CALIDUM - Clube de Autores Minhoto/Galaicos, 2000).
- A Virxe do Xurés. (Asociación Amigos da Virxe do Xurés, 2016).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Muere el exalcalde de Lobios José Lamela Bautista".
- ↑ "O Couto Mixto elixe aos seus Xuíces Honorarios". La Región. 9 de maio de 2015. Consultado o 2020-04-19.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha en galegos.info
- "Vidas con historia (pax. 141 a 145)". Deputación Ourense. Consultado o 2021-01-09.
- Cristina Huete (25 de marzo de 2011). "La asfixia comenzó cuando rechacé la oferta de Baltar de unirme al PP". El País (en castelán).