José Lage Lage

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Lage Lage
Datos persoais
Nacemento18 de xuño de 1938
 Foncuberta
Falecemento9 de decembro de 2007
 Ourense
OrganizaciónUnión de Centro Democrático, Partido Popular
Alma máterUniversidade de Barcelona
ProfesiónPolítico e economista
editar datos en Wikidata ]

José Lage Lage, nado en Foncuberta (Maceda) o 18 de xuño de 1938[1] e finado en Ourense o 9 de decembro de 2007[2], foi un economista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Ciencias Económicas pola Universidade de Barcelona[3] e foi presidente do consello de administración da Caixa de Aforros Provincial de Ourense. Foi concelleiro en Maceda, deu o salto ao Concello de Ourense, sendo concelleiro responsable de Tráfico. Entre 1981 e 1985 foi deputado no Parlamento de Galicia de man da UCD. No ano 1989 foi reelixido deputado, desta volta da man do PPdG, estando no parlamento ata 1996.

Foi delegado en Ourense da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (1997-2003) e da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais (2003-2005). Xubilouse no ano 2005. A mediados de outubro de 2007 sufriu un grave accidente de tráfico, do que xa non logrou recuperarse. Os seus restos repousan no camposanto da súa parroquia natal[4].

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Raquel Vidal Docampo e tiveron dous fillos.

Notas[editar | editar a fonte]