José Eiras
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1938 Moraña, España |
Morte | 30 de decembro de 2020 (81/82 anos) Moraña, España |
Alcalde de Moraña | |
1983 – 2011 – Luísa Piñeiro Arcos → | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
José Amador Eiras Paz, nado en Moraña en 1938 e finado o 30 de decembro de 2020[1], foi un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre de profesión. Foi candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Moraña nas eleccións municipais de 1979 e foi elixido concelleiro, sendo a segunda forza política do concello. [2]. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde grazas ao apoio de AP. En 1987 foi reelixido alcalde ó lograr maioría simple, mentres que en 1991 e 1995 o faría con maioría absoluta. En 1999 foi novamente elixido alcalde, pero nesta ocasión por maioría simple. En 2003 volveu a ser elixido alcalde, recuperando a maioría absoluta. No 2007, tras sufrir unha escisión comandada polo seu tenente de alcalde ata outubro de 2005 Celso Diz, volveu a ser elixido alcalde por maioría simple. En 2011 retirouse da política activa.
Durante o seu mandato foi moi polémica a construción dun encoro sobre o río Umia que provocou unha crise na agrupación local coa marcha de varios militantes.[1] Foi presidente do grupo de acción local ADR Ulla-Umia (2003)[3] e deputado provincial (2007-2011).
Predecesor: Ernesto Fariña Ruibal |
Alcalde de Moraña 1983 - 2011 |
Sucesor: Luísa Piñeiro Arcos |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Redacción (30 de decembro de 2020). "Fallece José Eiras, histórico alcalde socialista de Moraña". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 30 de decembro de 2020.
- ↑ "Fallece José Eiras, alcalde de Moraña entre 1993 y 2011". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 2020-12-31.
- ↑ B., C. (17 de outubro de 2003). "«La rabieta de Roberto no tiene razón de ser»". lavozdegalicia.es/ (en castelán). Archived from the original on 12 de marzo de 2016. Consultado o 30 de decembro de 2020.