José Costa Figueiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 30 de xuño de 2013 ás 15:07 por Xas (conversa | contribucións) (lig int)

José Costa Figueiras, nado en Toiriz (Pantón) o 4 de abril de 1880 e finado en Chantada o 5 de xuño de 1955, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria

Estudou o bacharelato en Ourense e comezou a súa carreira xornalística nos xornais lugueses El Regional e La Idea Moderna e en Heraldo de Lemos de Monforte de Lemos. Trasladouse a Barcelona en 1903 e alí colaborou na prensa, foi correspondente do madrileño Diario Universal dende 1906 e foi redactor de Enciclopedia Ilustrada impresa pola Editorial Seguí. Regresou a Chantada en 1910 e fundou o semanario Faro-Miño, que deixou de publicarse cando emigrou á Arxentina a finais dese ano. En Bos Aires traballou na oficina recadadora de impostos, na redacción do diario La Argentina e comezou o seu labor literario. Alí fundou e dirixiu a revista Rojo y Gualda, dirixiu o boletín do Centro Gallego e foi presidente fundador da Asociación de Chantada y de su Partido (1915). Regresou a España en 1917, traballando no xornal madrileño El Fígaro. En 1920 fundou e dirixiu en Chantada El Regionalista. Destinado durante algún tempo na Delegación de Traballo de Lugo, en 1947 pasou á Sección de Estudos e Publicacións do Ministerio en Madrid, cargo no que se xubilou en 1950. Neste ano regresou á súa residencia de Chantada, onde faleceu.

Foi pai do tamén xornalista e escritor Xavier Costa Clavell.

Obras

  • La risa de Dios, 1913.
  • España en ultramar: La sugestión de América (1919) e Las fraguas de la fortuna (1920).
  • En tierras del Plata, 1921.
  • Los agros de Sureda, 1926.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Rodríguez Porto, Ramón; Sánchez Moure, Ánxel (1988). Deputación Provincial, ed. Chantada na súa prensa (1908-1931). Lugo. ISBN 84-86824-51-6.  A referencia usa o parámetro obsoleto |coautores= (Axuda);

Ligazóns externas