José Cafranga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Cafranga
Nacemento15 de agosto de 1780
 Salamanca
Falecemento31 de maio de 1854
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José Cafranga Costilla, nado en Salamanca o 15 de agosto de 1780, e finado en Madrid 31 de maio de 1854, foi un político español.

Ministro de Xustiza aconsellou a Fernando VII que renunciase á coroa en favor da súa dona e decretou un indulto e unha amnistía que permitiu o regreso a España de moitos liberais emigrados. Desconforme con Francisco Cea Bermúdez, dimitiu do seu cargo dous meses despois de tomar posesión del. Entón pasou a ser membro do Supremo Consello de Castela

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en leis pola Universidade de Salamanca, casou en 1804 con Francisca de Pando e é destinado, en 1807, tras unha etapa docente, na Secretaría do Despacho de Gracia e Xustiza. A súa postura anti-francesa fai que, tras a invasión napoleónica, deba exiliarse no país veciño. Á volta de Fernando VII acompaña ao marqués de Cerralbo en varias misións diplomáticas. No Trienio liberal é nomeado Superintendente do Montepío de Xuíces Letrados de Primeira Instancia, e despois Secretario do Consello de Ordes Militares. Tras a restauración fernandina, é designado primeiro Secretario de cámara de Gracia e Xustiza e Real Patronato de Aragón durante 6 anos e, o 1 de outubro de 1832, secretario de Despacho de Gracia e Xustiza en substitución de Francisco Tadeo Calomarde, cargo que ocuparía até o 14 de decembro. Nese posto apoia decididamente as teses da Raíña María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias e da súa filla Sabela, fronte ás dos partidarios de D. Carlos María Isidro de Borbón.

Foi despois Gobernador do Consello de Indias, Prócer do Reino nas Cortes e Senador en dúas lexislaturas, a de 1837 e a de 1845.

Reinado de Fernando VII de España

Segue a:
Manuel González Salmón
José Cafranga
Precede a:
Francisco Cea Bermúdez
Presidente do Goberno de España

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Diccionario biográfico español. Real Academia de la Historia

Outros artigos[editar | editar a fonte]