José Benito Abraira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Benito Abraira
Nacemento31 de xullo de 1904
 Meira
Falecemento6 de setembro de 1997
 Buenos Aires
NacionalidadeEspaña
FillosCarlos Abraira Cela
editar datos en Wikidata ]

José Benito Abraira, nado en Meira o 31 de xullo de 1904 e finado en Buenos Aires o 6 de setembro de 1997, foi un galeguista da Arxentina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai era labrego e canteiro. En 1922 marchou a Bos Aires. Traballou no comercio. Participou no Coro Ultreia, foi membro da Agrupación A Terra, pro Centro Galego de Bos Aires, e integrou a súa Comisión Directiva. Foi vogal do Centro Gallego (1954-1956). En 1956 foi o secretario do Primeiro Congreso da Emigración Galega en América.

En xuño do 1984 viaxou coa súa dona a Galicia para "denunciar" a inautenticidade que supuña a repatriación dos restos de Castelao.

Foi Fundador da Asociación Civil Amigos do Idioma Galego de Bos Aires (ADIGAL). A Biblioteca desta Institución leva o seu nome.

Vida perosal[editar | editar a fonte]

Casou con Mercedes Cela, é pai de Carlos Abraira Cela.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]