Pátria Galega (Buenos Aires)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pátria Galega

Pátria Galega foi unha revista da emigración galega que se editou en Buenos Aires entre 1982 e 1984.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Fundada por Manuel Pedreira Rumbo, apareceu en 1982. De orientación galeguista, informou sobre Galicia e a súa realidade cultural, política e social. Entre os seus colaboradores figuraron José Benito Abraira, Bernaldo Souto, Francisco Freire de Busto, Hugo Rodino Lalín, Joám Couto, M. Antonia Luna Rodríguez, Valentín Paz-Andrade e Xerardo Álvarez Gallego. O último número coñecido é o 6, publicado en 1984.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]