José Antonio Ucha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Antonio Ucha
Biografía
Nacemento(es) José Antonio Ucha Velo Editar o valor em Wikidata
24 de decembro de 1968 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Santa Comba, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Santa Comba
2015 – 2016
← María PoseMaría Pose →
Alcalde de Santa Comba
2007 – 2008 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia
Espazo Común Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Antonio Ucha Velo, nado en Santa Comba o 24 de decembro de 1968, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Empresariais pola UDC e en Dereito pola USC. Nas eleccións municipais de 2003 foi o número 2 da candidatura socialista en Santa Comba e foi elixido concelleiro e portavoz municipal. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Santa Comba e foi elixido alcalde grazas ao apoio dos concelleiros de IxS (Independientes por Santa Comba) e TEXA (Terra de Xallas). Foi substituído o 25 de febreiro de 2008 por Miguel Pérez Fernández (Independientes por Santa Comba) tras unha moción de censura que contou co apoio do PPdeG. Nas municipais de 2011 encabezou de novo a candidatura socialista e pasou de 2 a 5 concelleiros, sendo a segunda forza máis votada e logrando o mellor resultado ata entón dos socialistas nunhas municipais na localidade, mais o PPdeG mantivo a alcaldía ao contar co apoio dos Independentes do ata entón alcalde. Nas municipais de 2015 volveu encabezar a candidatura do PSdeG e logrou a primeira vitoria desta formación no concello, logrando a alcaldía como cabeza da lista maioritaria e conformando un goberno cos concelleiros de TEGA[1]. Trala ruptura do pacto en novembro de 2015, en maio de 2016 TEGA apoiou ao Partido Popular nunha moción de censura que o botou da alcaldía [2].

Nas municipais de 2019 logrou un empate a 6 concelleiros co PPdeG, logrando estes máis votos pese a mellorar os socialistas o seu nivel de apoio. O edil de Compromiso por Galicia, David Barbeira, foi o árbitro da situación e negárase en campaña a pactar con ninguén, pero os socialistas chegaron a un acordo investilo alcalde e rotarse 2 anos na alcaldía[3]. Porén, e pese a formar parte do mesmo goberno, as malas relacións entre Barbeira e Ucha levaron á negativa do primeiro de cederlle a alcaldía ó segundo en xuño de 2021. Ante isto, Ucha e outra concelleira socialista optaron por apoiar unha moción de censura que levou á alcaldía á candidata do PPdeG María Pose[4]. A manobra, foi desautorizada polo partido e ambos dous concelleiros foron expulsados da formación. Desta forma, Ucha optou por presentarse ás municipais de 2023 encabezando a formación Espazo Común[5], á fronte da cal non logrou representación.


Predecesor:
José Toja Parajó
 
Alcalde de Santa Comba
 
2007 - 2008
Sucesor:
Miguel Pérez Fernández
Predecesor:
María Josefa Pose Rodríguez
 
Alcalde de Santa Comba
 
2015 - 2016
Sucesor:
María Josefa Pose Rodríguez

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]