José Antonio Fernández Pla
José Antonio Fernández Pla | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nacemento | 13 de setembro de 1956 | ||
Lugar de nacemento | Santoña | ||
Posición | gardameta | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
José Antonio Fernández Pla, nado en Santoña (Cantabria) o 13 de setembro de 1956, é un exfutbolista español máis coñecido como Chuco, que xogaba na demarcación de gardameta.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a xogar profesionalmente no Burgos CF, club que deixa coa desaparición do mesmo en 1983 fichando polo Celta de Vigo ao igual que o defensa Bautista. No Celta non tería demasiado protagonismo, non xogando nin un so minuto a primeira tempada ao atoparse co bo momento de forma de Javier Maté, ao igual que a tempada seguinte, a 1984/85.
A súa oportunidade chegoulle na tempada 1985/86, ao lesionarse Javier Maté no Trofeo Cidade de Vigo ante o Dinamo de Kiev e a que o porteiro suplente Patxi Villanueva estaba facendo o servizo militar. Así é como Chuco se tivo que facer cargo da portería do Celta a primeira volta do campionato, tras o mercado de inverno volvería á suplencia ao chegar ao club o galego Pereira, procedente do Atlético de Madrid.
Ao final desa tempada o equipo descende a Segunda División e Chuco deixa o equipo, con so sete encontros disputados.