Antonio Domínguez García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Antonio Domínguez García
Nacemento30 de abril de 1955
 Cee
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José Antonio Domínguez García, nado en Cee o 30 de abril de 1955,[1] é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Electricista. Chegou á política nas municipais de 1987 con Coalición Progresista Galega. Nas eleccións municipais de 1991 presentou polo PPdeG. En 1993 acadou a acta de concelleiro. Nas municipais de 1995 foi cabeza de lista do PPdeG. Nas eleccións municipais de 1999 volveu encabezar a candidatura do PPdeG á alcaldía de Cee e foi elixido concelleiro. Accedeu á alcaldía de Cee trala dimisión de Manuel Lamela Lestón e a moción de censura de PPdeG e IxCee o 11 de maio de 2001. Nas municipais de 2003 volveu ser elixido alcalde, agora por maioría absoluta. Un pacto dos outros partidos afastouno do goberno. Foi deputado provincial.


Predecesor:
Manuel Lamela Lestón
 Escudo de Cee.svg
Alcalde de Cee
 
2001 - 2007
Sucesor:
Ramón Vigo Sambade

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 16-5-2007, p. L6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]